Patio con(vida)

Re-descubrindo o patio « Atrás    

Título de fotografía documental

Árbol pegada ao instituto.

 

Owen Budiño Mosquera · 23 noviembre 2020 19:34


Fotografía documental

Explicación da foto documental
A fotografía trata sobre unha arbore cerca dunha das entradas do instituto e do patio coas canchas.

Localización no mapa
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Carballo Americano É a árbore que está pegada a unhas das entradas. -Familia: Fagácea -Xénero: Quercus -Especie Quercus rubra -Nome común: Carballo Americano 42,867663040 -8,658977813
2 Mantis Relixiosa Este foi o lugar onde estaba o insecto. 42,867613189 -8,658976300

Título autorretrato
Insecto na parede

Autorretrato

Explicación do autorretrato
Nesta foto saio para apuntar a un insecto na parede cun pau.


Título de fotografía documental

Conexión co ceo

 

Sara Mallo Román · 16 noviembre 2020 20:19


Fotografía documental

Explicación da foto documental
Esta é unha árbore coñecida como Liquidambar da familia das Altinxiáceas. É unha árbore caducifólia nativa do este de Norteamérica. O nome compóñese de dous termos, o primeiro e liquidus, co significado de líquido, e o segundo é ambar, co significado de ámbar. O nome xustifícase pola resina olorosa que producen algunhas especies. E Styraciflua (nome da especie) significa que é coma unha goma vexetal. Esta árbore é moi común xa que graças o seu rápido crecemento é moi empregada na decoración.

Localización no mapa
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Árbore paseo 42,867924115 -8,659173792

Título autorretrato
Novas fronteiras

Autorretrato

Explicación do autorretrato
Nesta fotografía podemos ver unhas escalarias, que actualmente delimitan o espazo do patio correspondente a cada curso polaccausa do Covid-19, e ademáis unha arbóre coñecida comúnmente coma Árbore do amor ou árbore de Xudas. A púa especie é Cercis siliquastrum, é de folla caduca e nativa do sur de Eropa ou de Asia. É moi empregada como arbóreas ornamental.


Título de fotografía documental

Entre o eixo e a roda

 

Beatriz Aceituno Sánchez · 23 enero 2021 22:59


Fotografía documental

Explicación da foto documental
Nesta fotografía aparece a árbore situada no patio da zona oeste do instituto. Cabe destacar as cores que presenta pola tempada na que fixen a fotografía (outono).

Localización no mapa
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 A árbore cercana á pista Como podemos ver, a pista do instituto está rodeada de árbores, eu escollin o que me pareceu máis interesante 42,867657398 -8,659091847

Título autorretrato
sen poder mirar ao horizonte

Autorretrato

Explicación do autorretrato
Persoalmente, eu non aporto moito á fotagrafía xa que fala por si soa. Desde o patio traseiro do instituto se miramos cara ao oeste, veremos unha paisaxe verde, algunha que outra casa e por desgraza unha torre eléctrica que contamina visualmente as vistas.


Título de fotografía documental

A nosa carballeira

 

Noa Castiñeiras García · 18 noviembre 2020 16:05


Fotografía documental

Explicación da foto documental
En outono, as follas dalgunhas árbores tórnanse de cores alaranxadas moi fermosas. A carballeira do noso centro é unha destas afortunadas, grazas á cal podemos gozar dunha paisaxe tan maravillosa. O cerebro humano tende a relacionar a beleza ca simetría, por iso a posición en liña recta das nosas árbores queda tan ben á vista. Moitos centros non gozan de espazos verdes no seu territorio, máis nos temos a sorte de telos, e ben fermosos.

Localización no mapa
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Carballeira 42,867916640 -8,659206808

Título autorretrato
O meu carballo favorito

Autorretrato

Explicación do autorretrato
Cando estaba no meu primeiro ano de instituto, fixemos unha actividade organizada polo concello na que tiñámos que plantar unha árbore entre todos. Así, sumando unha cada curso, a nosa carballeira vai aumentando. Esta árbore é a miña favorita porque chegou aquí ó mesmo tempo ca min e as dúas imos medrando xuntas e sendo conscientes do paso do tempo.


Título de fotografía documental

Vexetacion no patio

 

Claudia Rivas Botana · 19 noviembre 2020 15:55


Fotografía documental

Explicación da foto documental
Escollin esta imaxe porque gústame moito a vexetacion, as pratas,arbóres e demais ...

Título autorretrato
Distanciamento social

Autorretrato

Explicación do autorretrato
Esta imaxe representa a actualidade, o distanciamento social mentras manteño unha conversa con Carolina


Título de fotografía documental

Adeus aos armariños!

 

Sara Casuso Mosquera · 20 noviembre 2020 17:46


Fotografía documental

Explicación da foto documental
Os armariños representan unha das normas de seguridade, que se impuxeron no noso instituto por causa do covid-19, xa que está prohibido facer uso destes. Desta maneira pódese previr o amontoamento de xente nos corredores.
Para asegurarse de que nadie os empregue puxeron unha brida de plástico en cada armariño para non poder abrilos.

Localización no mapa
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Instituto localización 42,867902475 -8,658598974

Título autorretrato
Consecuencia do COVID-19 no meu instituto.

Autorretrato

Explicación do autorretrato
Decidín saír na imaxe cos armariños, xa que eu fun unha das afectadas con esta norma que dixen anteriormente. Porque eu xa reservara un armariño para este curso, polo tanto tiven que habituarme a levar todo o material todos os días na mochila.


Título de fotografía documental

Chega o inverno e as follas caen coma chegaron.

 

Izan Turnes Cacia · 17 noviembre 2020 17:47


Fotografía documental

Explicación da foto documental
Na miña fotografía podemos observar a árbore que escollín o Carballo Americano con todas as súas follas caidas, o que me quero referir con esta foto e este título é que o tempo e relativo que un día as follas das árbores son frondosas e belas e cando te das conta todas as follas das árbores están caidas.

Localización no mapa
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Carballo americano 42,868025880 -8,658577060

Título autorretrato
Tan semellantes, pero tan diferentes.

Autorretrato

Explicación do autorretrato
No miño autorretrato podemos observarme a min o autor da fotografía coa miña árbore. O que quiero representar e que os dous somos moi parecidos a nivel científico (seres vivos, compostos por materia, etc), pero a vez somos moi diferentes: nós desprazamonos, nos necesitamos ingerir alimento, os nosos corpos tanto interiormente coma fisicamente son moi diferentes...


Título de fotografía documental

Liberación e relixión

 

Emma Arias Blanco · 20 noviembre 2020 17:40


Fotografía documental

Explicación da foto documental
A fotografía está relacionada co ámbito da historia, neste caso a da comunidade LGBTQ+. Atopar manifestacións nos recunchos máis remotos como o pode ser un simple graffiti no muro desgastado dun instituto público, pode causar reaccións e consecuencias positivas por mínimas que sexan na mentalidade da sociedade. Facer referencia a un gran fragmento da población mundial tan denigrado como foi e o sigue sendo (aínda que en menor grao) e á relixión (que neste caso interpretamos como cristián) é unha acción cunha indirecta base histórica; pois os prexuízos ante a comunidade por parte da sociedade relixiosa no pasado foron moi extendidos ilóxica e innecesariamente.

Localización no mapa
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Graffiti "God is gay" 42,867394749 -8,659114196

Título autorretrato
Luces na sombra

Autorretrato

Explicación do autorretrato
Escollín este punto do instituto para o autorretrato porque está máis relacionado cos meus pensamentos e sentimentos. Antes da situación do COVID-19, o anexo que agora se convertiu na porta de acceso principal á nosa aula estaba pechado. Antes pasaba os meses pechado e encadeado, e os cristais das portas foron golpeados e continúan sen repararse. Ou polo impedimento do paso ao corredor ou pola localización da aula que me tocou, nunca tivera a oportunidade nin a curiosidade de saber como era realmente esa parte do instituto; e ao utilizar as mesmas escaleiras para acceder á primeira planta descubrín esa esquina por casualidade. Nunca me fixara no espectacular xogo de luces que fan os ventanais na esquina cando lles dá o sol do mediodía, e pareceume moi curioso que un recuncho tan bonito estivese agochado ata agora.


Título de fotografía documental

O frescor dos Carballos

 

Samuel Martínez Castro · 19 noviembre 2020 18:32


Fotografía documental

Explicación da foto documental
Ten q ver ca flora polos carballos, pola fauna polos animais que andan polas árbores, e ca xeografía do lugar pq e un lugar que esta moi ben.

Localización no mapa
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Carballeira E unha zona do patio donde podes estra tranquilo e fresco cos carballos q tes ao arredor. Do mellor do patio. 42,855065481 -8,612314886

Título autorretrato
Meu sitio mais eu

Autorretrato

Explicación do autorretrato
Gustoume a idea de facerme unha foto no sitio que mais me gusta estar sinalando o q temos que cuidar a naturaleza.


Título de fotografía documental

O Carballo solitario

 

Elizabeth López Miguéns · 20 noviembre 2020 16:51


Fotografía documental

Explicación da foto documental
Esta árbore é un quercus robus ou máis coñecido como Carballo, de xénero quercus e da familia das fagáceas.
É unha árbore de copa ampla, tronco leñoso con gretas e follas caduca que pode superar os 40 metros de altura. Ten un tronco curto e moi groso, con ramas grosas e algo torcidas, cortiza agrisada ou esbrancuxada.
As súas follas son grandes, en disposición alterna, de cor amarelo intenso, a súa forma é aovada, adoitan medir duns 6 a 12 cm de longo por uns 3 a 6 cm de ancho.
Esta clasificada na Sección Quercus, que son os carballos brancos de Europa, Asia e América do Norte.
O nome específico elixido por Linneo para esta especie, robus, empregábano os romanos para designar os carballos e calquera tipo de madeira dura e de gran solidez.
Para as duelas dos toneles e barricas de viño e licores, vén utilizando desde antigo, igual que na construción de barcos. Produce un bo carbón. É unha árbore de longa vida; pode superar os mil anos e tarda en florecer ata 40 ou 50 anos.

Localización no mapa
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Carballo do Ies Ames 42,867652736 -8,659098320

Título autorretrato
Natureza

Autorretrato

Explicación do autorretrato
Nesta fotografía estou eu co Carballo intenando imitar unha fotografía do mundo do modelaxe pero na natureza.