KaleidoScapes
Acerca de
Idioma
Castellano
English
Galego
Tweet
Geography and History of Ames
Alí vaie a que canta!
« Atrás
Buscar:
Título
Natureza e cidade: na beira do río.
Enlace/QR
×
Enlaces
Enlace permanente
https://www.kaleidoscapes.org/?v=2,ME_2-1079-7-8915
QR
Román Rivas Campos · 21 octubre 2026 18:23
Fotografía do elemento
Data, lugar e autoría
A foto foi tomada hoxe día 21 de outubro de 2026 ás 17:00h. Nese momento había xa pouca luz. Vese o paseo fluvial de Bertamiráns á beira do Rego dos Pasos, na parroquia de Ortoño, no concello de Ames, provincia da Coruña, Galicia, España. Axudoume meu pai a sacar a foto en que saio eu, as outras fíxenas só.
Elementos non visibles
Nese momento estabamos a uns 15ºC. Escoitábase o ruído da auga baixando e ulía a humidade, porque estivo chovendo miúdo por anacos durante a noite e parte da mañá. Tamén cheiraba a terra mollada. HAbía bastantes paxaros, sobre todo pegas e pardais, que xa hai un mes que non se ven as adoriñas. É inevitable oír de fondo o tráfico dos coches, pois estabamos xusto á beira dunha estrada.
Explicación en relación á xeografía física
Chamoume a atención que houbese unha canle tan profunda en medio dunha chaira, que é onde se atopa o parque. A foto está tomada en dirección Sur. No GPS poñia as coodenadas: N42.857969 e E-8,6469882. Na foto vese o caudal, que está máis cheo cós días pasados desde que se puxo a chover.
Explicación en relación á Xeografía humana
Acondicionáronse as marxes do río para facer un parque e conter así as crecidas. O parque é un reclamo para os cidadáns e ten uso recreativo e para facer deporte. A nivel municipal, está xestionado polo Concello de Ames e a nivel autonómico o río depende de Augas de Galicia. Ao principio o río tiña a función de abastecer o sector primario, para regar as hortas e para o gando na chaira de Bertamiráns, o val da Maía. Agora a súa función é facer un espazo natural de lecer, revalorizando a vila de Bertamiráns, que conta cun espazo natural en pleno casco urbano.
Fonte secundaria
Na primeira semana de outubro encontrei un artigo chamado "Ames se blinda a las inundaciones":
https://www.google.com/url?sa=t&source=web&rct=j&opi=89978449&url=https://www.concellodeames.gal/es/content/ruta-do-regos-dos-pasos&ved=2ahUKEwj3-Y-cv8uXAxUFS0EAHV2jOwcQFnoECFEQAQ&sqi=2&usg=AOvVaw3Ii_Qzq0fw6574VsXJVpfk
Tamén consultei na páxina do concello de Ames: https://www.concellodeames.gal/
« Atrás