Geography and History of Ames

Ames moderno « Atrás    

Elemento da Idade Moderna
Conxunto parroquial de S.Cristovo de tapia
Lugar
En 1651 habia xa un rotablo para acoller as imaxes e adomar a igrexa. A mediados do XVIll estaba nunha situación máis ou menos decorosa, co seu teito de madeira e a capela malor de bóveda de pedra. Non obstante, na segunda metade dese século acometeuse unha obra de grande envergadura, posto que foi levantada totalmente de novo. En 1772 planificabase a reconstrución do edificio que estaba nun estado bastante lamentable, o crego planificaba unha obra de nova planta e, mesmo, o seu traslado a un sitio algo menos húmido A vecinanza opúxose a este cambio, xa que all estaban os osos dos seus malores, Debido a estes atrancos a obra foise demorando En 1791 estaba por fin rematada capela maior con bóveda de pedra, fachada e torre de cantaria, cuberta da nave en madeira e, mesmo, unha tribuna; ainda non estaban preparadas a sancristia nin a casa da fábrica, esa pequena construción que està ao seu carón, exenta O edificlo actual debeu de comozar a construirse en 1778 e a pesar desta cronoloxla tardia corresponde ao estilo barroco, de grande influencia compostelá, sobre todo da obra de Simón Rodriguez. Presenta planta de salón, coa capela malor rectangular. Os muros exteriores de cachotería de perpiaño estiveron ata hal pouco caleados. A fachada aparece enmarcada por pilastras que sustentan a cornixa e o tellado, os pináculos rematados en bola danle un aire máis esvelto. O conxunto remata cun campanario sinxelo, de sección circular, adornado coas placas de pedra tan tipicas do barroco santiagués. O interior da igroxa experimentou en tempos recentes unha profunda rehabilitación, xa o que, segundo parece, presentaba un estado bastante lamentable e próximo a rulna A capela malor ofrece hoxe un aspecto ben diferente ao da nave posto que conserva a pedra à vista. Esta é a única parte do edificio que mantěn a cuberta orixinal porque a bóveda da nave debe de ser do século XIX, Unha serie de ornamentos a base de placas o -elemento tipico do Barroco compostelán- marca o ritmo do Interior, ao crear unha serie o de tramos que dan un certo dinamismo á nave e aos seus muros e cubertas. Tamén fo O modificado o púlpito, do que hoxe só se conserva a estrutura de pedra. O A capela malor carece de retablo, as imaxes van situadas sobre ménsulas. Está O presidida polo santo Patrón, San Cristovo, ao que acompañan San Roque -recoñecible 0 polo seu traxe do peregrino-, quen presenta as suas feridas ao cancino que llas curou, e O San Gregorlo-un dos pais da Igrexa católica e Sumo Pontlfice , quen leva a tlara papal e a cruz pontificla de tres traveseiros. Ao carón destas imaxes están as figuras de San Antonlo de Padua e de San Xosé, acompañado polo Neno Xesús Dous altares laterals completan o conxunto. O da Virxe do Carme é ben recoñecible como traballo de estilo barroco ao presentar as columnas salomónicas adornadas con O acios, características das obras máis Importantes do barroco galego. O do Sagrado Corazón é de feltura máls recente O E posible que tanto a imaxe de San Roque como a da Virxe do Carme pertencesen ás o confrarías das súas devocións na parroquia. A de San Roque é unha Imandade antiga xa que existla cando menos en 1675, da outra non hal dalos mol precisos pero pode documentarse no século XIX.
 

Joel López Palacios · 7 abril 2019 18:04


Nós no elemento renacentista e barroco

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Explicación en vídeo

Localización do elemento
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Conxunto parroquial de S.Cristovo de tapia 42,924587182 -8,651675247


Nome do elemento

Iglesia de santo tomé de ames

 

Diego Cabrera Herrera , Hugo Santamarina Pérez, Iván miramontes sabel, Simón Gómez Arnejo · 21 febrero 2023 12:26


Nós no elemento renacentista e barroco

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Explicación en vídeo

Localización do elemento
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Santo Tomé de ames Ubicación da iglesia de Santo tomé 42,904693577 -8,656594512


Elemento da Idade Moderna
Conxunto parroquial de San Lorenzo de Agrón
Estrutura
A igrexa de San Lourenzo de Agrón é unha igrexa de estilo barroco do século XVII e XVIII. Reconstruíuse a mediados do século XVIII con tellado a catro augas na cabeceira e a dúas no resto da nave. Está formado por unha soa nave de planta rectangular cuberta con bóveda de canón e unha capela maior rectangular. Na fachada, ó lado esquerdo, leva unha espadana disposto asimetricamente para dúas campás e un corpo máis de remate con pequeno frontón con oco e rematado en pináculos. No arranque da base da espadana leva unha cornixa. Na fachada a porta principal presenta unha moldura que a enmarca e remata en orelleiras cadradas. Na parte superior vai un frontón partido de esquinas con pináculos e unha gran fornela con outro frontón coa imaxe de San Lourenzo coa grella na que foi asado, collida na man dereita. No seu interior, destacan tres retablos, un a cada lado e outro detrás do altar, o retablo maior de estilo barroco. Está feito de madeira barnizada en color ouro, está repleto de adornos, está formado por tres calles e tres pisos. No centro atópase o corpo de Xesucristo na cruz, rodeado de outros santos. Na parte superior, o ático, aparece a figura de San Lourenzo coa grella. No atrio, a esquerda da igrexa hai unha pia bautismal, está feita de pedra e xa non está en uso. Fora, en foronte da igrexa atópase un cruceiro. A súa parte central é octogonal. O capitel está adornado con rostros e volutas rematados por un crucifixo coa representación do Cristo, actualmente sen brazos e pola outra parte a figura da Virxe.
 

Samuel Míguez Blanco · 28 abril 2019 12:49


Nós no elemento renacentista e barroco

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Explicación en vídeo

Localización do elemento
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Conxunto parroquial de San Lourenzo de Agrón Nesta parada vou falar do conxunto parroquial de San Lourenzo de Agrón. Empezarei describindo o exterior da igraxe, parecido o vídeo, logo entraremos e describirei a parte interior, por ultimo falarei dos dous elementos exteriores: a pila bautismal e o cruceiro. Para poder entrar na igrexa, teño que avisar o señor Xoaquín que ten as chaves. Despóis da explicación, direi a adiviña. Podemos chegar ata igrexa en bus, pode aparcar diante, non fai falta camiñar. Durarame un pouco máis de 15min. 42,890403413 -8,706573844


Elemento da Idade Moderna
Pazo de Leboráns, Trasmonte
Estrutura
O Pazo nos seus orixes foi unha fortaleza defensiva da que se conserva unha gran torre dos séculos XV e XVI. Posteriormente levantouse a antiga mansión señorial do século XVIII de planta rectangular, con muros de cantería sen balconada e con poucas ventás. Ao lado dela, atópase a capela de forma alongada que está dedicada ao neno San Félix. A súa entrada está rodeada por un muro de pedra e adornada con flores e no alto ten unha espadana cunha pequena campá. Posee 3 escudos de armas pero o mellor conservado é o que se atopa nunha das fachadas principais. Este está debaixo dunha coroa e nel aparece unha representación dun pino e dunhas lanzas que pertenceron as familias Caamaño e Leis. Ao lado do Pazo, hai como un pequeno espazo que está cuberto por unhas árbores onde hai uns bancos e un pozo antigo, non moi fondo, no chan. Tamén hai como un mirador que ten vistas as leiras propiedade do donos. Este está suxeito por un muro de pedra que ten un arco grande onde debaixo del hai un lavadoiro. Xusto ao seu lado, atópase un pombal de pouca altura cunha porta pequena e con moitas árbores ao seu arredor. A construción, rodeada por xardíns e árbores, está cercado cun baixo muro de pedra con columnas que ten reixas de ferro enriba del.
 

Carla Álvarez Juncal, Laura de la Torre González · 26 abril 2019 16:58


Nós no elemento renacentista e barroco

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Explicación en vídeo

Localización do elemento
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Pazo de Leboráns, Trasmonte Cando o bus pare no sitio indicado, levaranos entre 10 ou 15 minutos chegar ao Pazo. Unha vez alí, só o poderemos ver por fora xa que os donos non nos deixan entrar. A explicación durará uns 5 minutos pero despois podemos ir polo camiño que hai ao lado para ver a parte de atrás e os xardíns. En total creo que nos pode levar 40 ou 45 minutos máximo. 42,883659563 -8,687369401
2 Parada para o bus Este é un bo sitio para que pare o bus xa que máis preto do Pazo non hai ningún. Máis ou menos levaranos 15 minutos ir e 15 minutos volver. Cando volvamos, o bus só ten que seguir a carretera que ten en fronte ata chegar a Igrexa de Trasmonte. 42,886202618 -8,683114404


Elemento da Idade Moderna
Igrexa de Santa María de Trasmonte
Estrutura
Esta igrexa, situase na parroquia de Trasmonte, no concello de Ames. Foi construida a mediados do século XVIII con material de pedra principalmente. Na zona SW da igrexa, podemos atopar unha das partes barrocas. Hai un campanario, con dúas campás, ás que se pode acceder subindo unhas escaleiras de caracol que van dentro dunha torre. O campanario remata nunha cúpula que ten varios pináculos. A porta principal, ten orelleiras na parte superior e volutas na parte inferior. Enriba da porta, hai unha figura da virxe da Asunción, que está rodeada de pilastras. A súa vez, na parte superior da Virxe hai tres placas, que tamén son símbolos do barroco. A igrexa de Santa María de Trasmonte, ten unha planta con forma de cruz latina.
 

Candela Casal Veiga, Nerea González Carnero · 26 abril 2019 18:27


Nós no elemento renacentista e barroco

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Localización do elemento
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Igrexa de Santa María de Trasmonte Na nosa parte do roteiro imos a explicar as partes barrocas que ten a igrexa na súa fachada. Levaranos máis ou menos dez minutos a expliccación e facer a pregunta. Para aparcar, o autobus non vai a ter problema, xa que diante da igrexa pode aparcar perfectamente e non temos que camiñar casi nada. Ao carón da igrexa, hay un sitio que ten un par de bancos onde poderíamos merendar, e no caso de que chovera onde estan os bancos está cuberto e non nos mollaríamos, iso si, só hay un par de bancos para sentarse. 42,892124123 -8,683298975