Geography and History of Ames

As nosas profesións « Atrás    

Profesión

Física

 

Sofía Álvarez Castro · 13 noviembre 2019 16:17


Fotografía

Por que me gusta esa profesión?
O noso destino non é quedar neste planeta. Esa é a miña idea. Penso que algún día a vida como a coñecemos acabará rematando irremediablemente, sexa antes ou despois. E será entón cando nos veremos obrigados a facer unha grande emigración interplanetaria. Unha emigración a través dun lugar completamente descoñecido, o universo. Unha emigración cuxo rumbo será determinado polos nosos coñecementos que, non son nada comparados con todo o que descoñecemos. E son todavía menos os saberes que eu, estudante iniciada, teño. E iso sábeme a pouco. A moi pouco. É por iso que eu quero centrar a miña vida nos seguintes estudos: a enxeñería aeroespacial e a física.

A enxeñería aeroespacial encárgase de deseñar e fabricar naves, impulsores e demais obxectos que serán levados ao espacio exterior, con distintas misións encomendadas, mais todas ca fin de investigar tanto o noso planeta coma outros astros.

Para investigar o universo, ten moito que ver a física, no estudo de diferentes partículas e radiacións e os seus comportamentos, leis físicas, etc. E mesmo no lanzamento de naves espaciais intervén a física. A física é a ciencia que estuda os compoñentes do cosmos, a enerxía, a materia, o espazo-tempo e as diferentes forzas. Grazas á física podemos formar teorías que poden contestar a preguntas sobre o noso pasado, o noso presente e mais o noso futuro. As leis da física son, ademais, universais. Se é que existen civilizacións desenvolvidas noutros planetas, chagarían ás mesmas conclusións neste aspecto que nós, e podería ser unha forma de comunicármonos. E é que, cando o universo estea por rematar, o único que quedará serán as leis da física.


Profesión

Hosteleria

 

Raúl Figueira Jamardo · 21 noviembre 2019 09:46


Fotografía

Por que me gusta esa profesión?
Quero estudar hosteleria porque me gustaria montar un bar.


Profesión

Veterinaria

 

Emma Iacobe Vázquez García · 28 octubre 2019 20:31


Fotografía

Por que me gusta esa profesión?
Elixín a profesión de veterinaria porque dende que era pequena sentín un amor especial hacia os animais e sempre quixen ser veterinaria.


Profesión

Mestra

 

Marta Deus Otero · 11 noviembre 2019 20:11


Fotografía

Por que me gusta esa profesión?
A min de maior gustariame ser mestra de Historia , xa que me gusta moito investigar cousas do pasado . De pequena estáballe seguido preguntando cousas aos meus avós sobre o seu pasado ou dicíndolle que me contaran historias xa que me entretían moito .Gústariame ser mestra de Historia porque tamén me gustan os rapaces e pois e unha boa idea compaxinar dúas aficcións que me gustan .A parte que máis me gusta da Historia e apartir da Edad Moderna ,xa que pasaron moitas cousas.
Ainda estou a tempo de poder elixir outra pero creo que non vai a suceder .


Profesión

Arquitecta

 

Antía Rodríguez Ínsua · 14 noviembre 2019 21:04


Fotografía

Por que me gusta esa profesión?
Gustaríme traballar desto, aínda que non o teño moi claro porque me gusta traballar con medidas e debuxar con instrumentos tipo como a regla.Ademais e unha profesión que mestura tradición e tecnolixía.Tamén pareceme moi bonito axudar a unha persoa a diseñar a súa casa.