Geography and History of Ames

Atrapa un topónimo! « Atrás    

Topónimo

(no especificado)

 

Elba Casal Romero · 19 abril 2022 09:17


Localización
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Augapesada 42,889963187 -8,630628662

Significado do topónimo
(no especificado)

Clasificación segundo o significado
(no especificado)

Descricións da paisaxe onde se sitúa
(no especificado)

Mostras de tradición oral
(no especificado)

Nome, apelidos, relación contigo e idade
(no especificado)


Versión popular do microtopónimo

Rebordelo

 

Alberte Carballo Fernández · 16 febrero 2020 17:02


Versión oficial do microtopónimo
Rebordelo

Pronuncia do microtopónimo

Fotografía no lugar e coa persoa informante

Localización
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Rebordelo Provincia: A Coruña Concello: Muros Parroquia: Serres 42,803518633 -9,048866156

Significado do microtopónimo
Pregunteille ó meu avó se sabía algo sobre a orixá deste topónimo pero non me dijo nada, non sabía moi ben de de onde viña.
Segundo as minas pescudas no internet, Rebordelo significa terra abundante de carballos. Despois de descubrilo, volvinlle a preguntar a meu avo dicindolle o significado e preguntandolle se por aquela zona antes había moitos carballos, pero tampouco me soubo responder.

Clasificación segundo o significado
Fitotopónimo

Descricións das características naturais
Sitúase nun val encaixado entre montañas e está atravesado por un regato, rodeado de bosques de piñeiros e eucaliptos nunha zona húmida.

Descricións das características antrópicas
O lugar de Rebordelo é unha aldea rural rodeada por zonas de cultivo. Preto hai varios hórreos e dous muiños en ruinas.

Actividades asociadas ao lugar
Na aldea practicase a gandería, a agricultura e a carpintería.

Presenza do microtopónimo en Galicia
Hai trece Rebordelos en toda Galicia: cinco na provincia de A Coruña, seis na provincia de Lugo, e dous na provincia a de Pontevedra. Este topónimo amén e topa neutras partes de Galicia pero con diferentes variacións: con unha "O" ou "Os" ó comezo e unha "S" ó final (O/Os Rebordelo/s). Tamén podemos atopalo con "de arriba" e "de abaixo" (Rebordelo de arriba/de abaixo).

Fotografías do lugar

Fotografías do lugar

Fotografías do lugar

Fotografías do lugar

Fotografías adicionais

Fotografías adicionais

Fotografías adicionais

Fotografías adicionais

Fotografías adicionais

Fontes secundarias empregadas
Coutodaeirexiña. https://coutodaeirexinha.gal/rebordelo/ Acceso o día 25 de febreiro

Nome e apelidos
Jesús Fernández Formoso


Topónimo

Mazaricos

 

Iago Agra Pérez · 19 abril 2022 09:44


Pronuncia do topónimo

Fotografía no lugar e coa persoa informante

Localización
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Mazaricos Mazaricos es un municipio de la provincia de La Coruña, en la comunidad autónoma de Galicia. Su capital es la localidad de A Picota en la parroquia de Mazaricos. 42,929859597 -8,917695908

Significado do topónimo
Significa Mazarico, que e un paxaro tradicional desta localidade

Clasificación segundo o significado
Zootopónimo

Datos de interese do lugar nomeado

Descricións da paisaxe onde se sitúa
Mazaricos encontrase rodeado polos municipios de Santa Comba (con quen forma a comarca do Xallas), Negreira, Outes, Muros, Carnota, Dumbría, Vimianzo e Zas.
Tamen esta ao borde da costa a 10 min da Ría de Muros e Noia e a playa de Carnota, con más de 7 km de longitud.

Mostras de tradición oral
Non se documentan mostras de tradición oral

Fotografías do lugar

Fotografías do lugar

Fotografías do lugar

Fotografías do lugar

Nome, apelidos, relación contigo e idade
Teresa, 43 anos / Mamá
Maruja, 81 anos / Avoa


Versión popular do microtopónimo

Praia dos Mortos

 

Pablo Freijeiro Díaz · 23 febrero 2020 11:54


Versión oficial do microtopónimo
Non se coñece ningún rexistro oficial do microtopónimo.

Pronuncia do microtopónimo

Fotografía no lugar e coa persoa informante

Localización
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Praia dos Mortos Provincia: Pontevedra. Concello: Saxenxo. Parroquia: Dorrón. 42,390863147 -8,777628967

Significado do microtopónimo
A Praia dos Mortos recibiu ese nome porque, antigamente, os cadáveres dos afogados da ría de Pontevedra sempre chegaban alí, debido a que as correntes os arrastraban e a praia está abrigada pola punta de Festiñanzo. Isto pasou varias veces hai tempo. Cando algún barco naufragaba na ría e alguén afogaba, un dos primeiros sitios aos que se ía buscar o cadáver era a esta praia, en concreto íase oito días despois da morte do afogado. A xente máis pobre, cando os atopaba, collíalles pezas de roupa ou obxectos de valor. Ademais, non só aparecían os corpos dos afogados, senón que tamén aparecían os corpos dos animais que morreran afogados no mar, como por exemplo ovellas ou vacas. Ademais de todo o anterior, chegaban á praia outras moitas cousas interesantes como anacos de madeira, roupa e incluso unha vez chegou un tronco de palmeira!
E de aí vén os seu nome, de que os mortos da ria acababan alí, arrastrados polas correntes.

Clasificación segundo o significado
Anecdótico

Descricións das características naturais
Está situada na costa de Sanxenxo, en concreto na parroquia de Dorrón, e ao lado da punta de Festiñanzo. É unha pequena porción da praia de Areas (unha praia bastante turística), e está delimitada por rochas. A praia é realmente pequena, xa que tan só mide uns cantos metros de longo. Ao lado hai unha pequena península e un regato que a separan do resto da Praia de Areas. A península é pequena, pero, é un moi bo lugar para pescar e sempre adoita haber algún pescador alí as fins de semana. O regato marca o límite entre dúas das parroquias de Sanxenxo: Bordóns e Dorrón. Esta é unha das últimas praias exteriores da ría de Pontevedra, pois a partir da punta de Festiñanzo comeza a ria interior (xusto ao outro lado da punta hai outra praia, que é a primeira praia do interior da ría).
A praia dos Mortos é de area moi fina e ten moitas rochas a flor de auga nas que se pode coller algún que outro lorcho ou nécora. Está situada nunha zona moi rochosa que rodea a punta, esta zona rochosa remata no outro lado da punta, en Area de Agra, que tamén é unha praia moi abrigada.

Descricións das características antrópicas
Está situada ao lado dun sendeiro peonil polo que se pode percorrer parte da costa de Sanxenxo. Na praia tamén remata un paseo de madeira que percorre a metade da praia de Areas. Preto da praia tamén hai un parque infantil e aparcamentos, porque alí ao lado remata unha pequena estrada que leva á praia. Ao lado do parque tamén hai uns aseos e unha zona de exercicios para os anciáns. Arredor do parque hai varios piñeiros, pero, os piñeiros non son de orixe natural, senón que foron plantados polo home. Tamén hai un mirador na parte máis alta da punta, e, o lado da punta onde está a praia está cheo de construcións, xa que está nunha zona de forte impacto turístico, pero dadas as súas características, mantén certo nivel de tranquilidade. Na zona da punta de Festiñanzo na que se sitúa a praia hai bastantes construcións adicadas a segunda residencia ou de veraneo, e algún establecemento de uso hoteleiro. O nivel de servizos é alto, dado que a Praia de Areas ten bandeira azul.



Actividades asociadas ao lugar
A praia é usada polos turistas ou veciños no verán, para bañarse ou tomar o sol. Tamén hai xente que pesca alí. Debido ás súas características rochosas, os mariñeiros que usan a arte da nasa frecuenta moito esta zona e adoitan deixar nasas alí. A praia ten ao lado un paseo, a xente que vai polo camiño acaba por chegar alí e dar unha volta pola praia, tamén pasa por alí a xente que sae a pasear pola Praia de Areas, posto que é parte dela. As fins de semana a praia é usada ás veces por escolas de surf ou bodyboard, pero, non moi a miúdo porque está chea de rochas e isto pode chegar a ser un perigo, debido a iso, as escolas adoitan ir a praias máis seguras como A Lanzada ou Canelas. Os veciños do lugar usan a praia maioritariamente para coller algas que usan como abono para os seus cultivos, e, tamén para facer pesca deportiva, pescan robalizas principalmente, porque están onde rompen as ondas. Ás veces vai algunha persoa a coller marisco, pero, a praia non é moi boa para iso. Antigamente, da praia collíase area para a construción, pero agora iso é ilegal e a xente xa non o fai. Tamén é ilegal coller cunchas na praia, isto facíano os veciños aquí antigamente, xa que ao ser a parte máis abrigada da praia, é o mellor sitio da praia de Areas para atopar cunchas. As cunchas usábanse tamén como abono nos cultivos.
De todos estes usos que ten a praia, o principal é claramente o uso para o turismo, porque a zona na que está situada é das que máis turistas reciben de toda Galicia.

Mostras de tradición oral
Nas parroquias de Bordóns e Dorrón cóntanse moitas historias de afogados que apareceron nesta praia, que van pasando de xeración en xeración contadas polos vellos do lugar. O meu propio avó conta esas historias cando fala nas comidas familiares ou cando imos pasear pola zona. Non tiven ocasión de que o meu avó me contara ningunha desas historias para o traballo, pero si me contou a miña avoa unha lembranza moi interesante da miña avoa que lle daba un novo uso ao lugar:

Segundo a tradición, o corpo dun afogado tada 8 días en saír a flote, debido aos gases da putrefacción. Hai xa moito tempo, o meu bisavó Miguel ía coa miña avoa (tamén moitos dos veciños) ían á praia cando pasaban 8 días despois de que morrera algún afogado na ría. Ían ver se atopaban algunha peza de roupa, especialmente os zapatos, do afogado. Tamén, ao ser a praia un lugar tan recollido, sempre atopaban algún cacho de madeira que lles servía, tamén atoparon moitas veces animais que lles escaparan aos veciños e morreran afogados. Ían buscar tantas cousas á praia pola simple razón de que daquela eran moi pobres e a todo o que atopaban sempre lle atopaban un uso.

Presenza do microtopónimo en Galicia
Non se atopa en ningún outro lugar de Galicia.

Fotografías do lugar

Fotografías do lugar

Fotografías do lugar

Fotografías do lugar

Sons adicionais

Fontes secundarias empregadas
Galicia nomeada (busquei alí o topónimo):
https://galicianomeada.xunta.gal/sixtop/visor

Nomenclátor (busquei o topónimo tamén):
https://www.xunta.gal/nomenclator

Nome e apelidos
Joaquina Otero Lima
Alberto Freijeiro Otero


Versión popular do microtopónimo

A Jandra

 

Alba Espasandín García · 3 marzo 2020 18:01


Versión oficial do microtopónimo
Rúa do Casal de Horta

Pronuncia do microtopónimo

Fotografía no lugar e coa persoa informante

Localización
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Rúa do Casal de Horta Provincia da Coruña, concello Santiago de Compostela 42,896003467 -8,549480287

Significado do microtopónimo
Jandra ven de Gándara, con pérdida do “a” postónica e gheada. Unha gándara é un terreo baixo, areento, húmido e improdutivo , onde só medra maleza. Probablemente, debido a que as condicións da zona coinciden con esta definición, a xente da cidade comezou a chamala así.

Clasificación segundo o significado
Fitotopónimo

Descricións das características naturais
Como ben describe o seu significado, a Jandra sitúase nun terreo baixo e húmido. Na metade do seu traxecto podemos apreciar un río, O Sarela. Trátase dun río estreito e xera esa condición de terreos húmidos da zona. Malia ser unha zona húmida, carece de campos de cultivos ou vexetación aproveitable. Alí solo medra maleza. Nas beiras da estrada, existe unha banda conformada únicamente por maleza de pouca altitude e a medida que nos alonxamos dela, a maleza vaise transformando en plantas de maior altitude. Na zona máis afastada, se poden distinguir árbores de pouca altitude e de copas anchas.

Descricións das características antrópicas
A rúa segue o curso dunha estrada. Esta comeza nunha zona urbana, onde hai edificios e casas de máis dunha planta ademáis de beirarrúas. A medida que vas avanzando pola rúa, o ambiente urbano desaparece e vai aparecendo a vexetación. Durante toda a lonxitude da rúa, a estrada , non desaparece. Debido ó paso do río Sarela, aparece unha pequena ponte de pouca altitude e anchura que conta cunhas escaleiras para poder achegarse ó río. Pódense deslindar tamén casas indivuduáis, a súa maioría de pedra cunha finca cercada ou non e os restos dun antigo muíño.

Actividades asociadas ao lugar
Se descoñece calquera actividade, traballo ou festa realizado actualmente alí. Pero antigamente existía unha fábrica de curtidos ó final da rúa. Estes curtidos levábanse a secar a Pelamios, de aí o nome da rúa.

Mostras de tradición oral
Cerda desta rúa existe unha ponte chamada Pontepedriña, que moitas veces deu e da a confusión coa outra ponte Pontepedriña.
A miña informante conta, que cando eran máis pequenos, moitas veces, ían a esa zona e concretamente a unha casa abandoada a pasar as tardes.

Presenza do microtopónimo en Galicia
Buscando no Nomencátor de Galicia o microtopónimo tanto como "A Jandra" ou "Jandra" non aparece ningún resultado, o que asoma que en Galicia non existe ningún outro microtopónimo como este.

Fotografías do lugar

Fotografías do lugar

Fotografías do lugar

Fotografías do lugar

Fotografías adicionais

Fotografías adicionais

Vídeos adicionais

Fontes secundarias empregadas
Significado de gándara https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/g%C3%A1ndara Acceso o día 03/03/2020
https://www.xunta.gal/nomenclator
Acceso o día 03/03/2020

Nome e apelidos
María Luisa García Bello