Geography and History of Ames

Historias do presente « Atrás    

Título

Marga Lema López fálanos do desastre do Prestixe

 

Lucía Rodríguez Lema · 28 mayo 2020 14:02


Foto coa persoa entrevistada

Idade
51

Testemuño sobre o evento
O día que afundiu o Prestixe marcou un antes e un despois na conciencia social de Galicia. A catástrofe medioambiental e económica foi de grande magnitude; pero trouxo consigo unha onda de solidariedade cara ao pobo galego e entre nós mesmos que nunca se coñecera antes: a medida que ía saíndo do barco o petróleo, tamén ían chegando ás nosas costas máis e máis voluntarios de diferentes países.
O primeiro contacto que tivo miña nai con este suceso foi a través da televisión, cando puxeron as imaxes dun gran buque no medio da oleaxe rodeado de chapapote. Ela cóntame que dende o Goberno intentaban ter unha actitude tranquilizadora dicindo que o vertido era mínimo; pero o certo é que a costa galega tiña un único color: o negro. A situación era desesperante: os mariñeiros perdían o seu medio de vida, as autoridades non aportaban solucións... e así foi como a xente do mar empezou a limpar coas súas propias mans ou co que fixera falta. A esa desesperación doulle resposta a boa vontade das persoas que se desplazaron a Galicia para axudar sen pedir nada a cambio, sen nin sequera pensar en si terían onde durmir.
A miña nai seguía atentamente a traxedia nos medios. Por motivos laborais, non puido axudar tanto como lle tivera gustado; mais vía como a xente extraía o chapapote das pedras ou cociñaba e habilitaba os polideportivos para poder durmir neles.
A partir de todo isto, apareceu un movemento que defendía que os barcos con mercancías perigosas non navegasen preto da costa: o movemento “Nunca máis”. Lémbrao como un berro para que o que pasou non se volvese repetir.


Title

Elena Pernas Verdugo
Fin de la dictadura franquista y inicio de la democracia

 

José Javier Olmo Pernas · 5 marzo 2021 16:33


Interviewee/s testimony on the event
El fin de la dictadura de Franco fué el 20 de noviembre de 1975, ya que llegó la noticia de su muerte dando por finalizada una dictadura que duró 36 años. Mi madre se sentía más segura ya que sus hermanos estaban estudiando en Santiago y estaban siendo perseguidos por los "grises" simplemente por tener un aspecto físico que representaba ideologías contrarias al régimen ( por ejemplo barba etc ...). también se sentía más incluida en el ámbito social, con libertad de expresión, y el hecho de poder elegir al gobierno marco un antes y un después en su vid


Title

Juan Carlos Sanjorge fálanos dos anos do narcotráfico en Galicia desde a década dos 80.

 

Martín Sanjorge Martínez · 26 enero 2021 20:59


Photo with the interviewee/s

Interviewee/s testimony on the event
Meu pai recorda moi ben os inicios do contrabando en Galicia nos anos 80, concretamente onde naceu e creceu, en Marín, cando se empezou a distribuir tabaco de fora, para introducilo na costa galega. Era moi frecuente ter contacto con estas descargas de tabaco, icluso o meu pai dime que era tan normal este consumo de tabaco de contrabando, que ata nas comisarías da policía vendíase este tabaco. Anos despois os contrabandistas galegos quixeron dar un paso máis a o seu contrabando, e decidiron algúns deles, empezar a transportar drogas máis fortes como a cocaína, estes empezaron a conseguir mooitos máis cartos que vendendo tabaco, pero isto tiña moito risco, xa que a cocaína non era legal. Esta substancia levouse a moitos cidadáns galegos, sobre todo tivo gran impacto na xuventude da época. Meu pai contoume que el escoitou mais dunha vez, á xente nos bares falando das futuras descargas de contrabando que se ían producir nas próximas horas, e que efectivamente o día seguinte vias no periódico noticias destas descragas. Meu pai ten un primo, co quen non tiña moita contacto


Title

Carme Moure fálanos da chegada ao poder de Barack Obama en 2005

 

Mario Moure · 16 febrero 2021 13:17


Photo with the interviewee/s

Interviewee/s testimony on the event
Barack Hussein Obama II naceu en Honolulu, cidade situada en Hawaii, o 4 de agosto de 1691. Como ben menciona en moitas ocasións, él nunca tivo como obxectivo dedicarse a política. Esto era por varios motivos, a súa nai e os seus avós, as persoas coas que máis mantivo relación durante a súa infancia, inculcáronlle que había que estar informado para saber por onde te moves e saber con que hai que ter coidado, pero describíanle o mundo político como algo con moitos aspectos negativos, engaños, egoísmo etc. Tivo unha infancia e adolescencia tranquila ,poderíase definir como normal, pasaba tempo cos amigos, estudiaba e facía as cousas que a maioría da xente fai con esa idade. Desde pequeno foi unha persoa que lle gustaba ler, e lía libros que tiña por casa ou que lle regalaba a súa nai, esto está moi relacionado co que sucedería uns anos despois. Obama empezou a ler libros sobre reinvindicacións sociais en contra do racismo tomando como referentes a xente tan importante como Martin Luther KIng ou Ghandi. Debido a esto empezou a ter conciencia de que a él tamen lle gustaría axudar, e mentres cursaba os seus estudos en Los Angeles e máis tarde en New York pois intentaba seguir aprendendo novasformas de ver a sociedade e de axudar a xente desfavorecida.
Xa uns anos máis maior acabou cursando dereito na Universidade de Harvard, onde máis adiante coñecería a súa actual muller Michelle Obama. Coñecéronse nun traballo que permitía obrar causas sociais. Despois disto Obama optou por presentarse como senador estatal. Este foi o comezo da carreira política de Barack Obama.
Despois desta breve introducción sobre a persoa, vou reflexar as ideas de como miña nai viviu a chegada de Obama ao poder. Cando unha persoa empeza a cobrar importancia na escena política de un país non se toma lixeira e menos cando se trata dun país como Estados Unidos.
A chegada viviuse coa mesma sensación coa que se vive un cambio a nivel global, a maioría da xente estivo pegada ao televisor para ver os resultados das seleccións. Acabou gañando a John McCain e proclamándose presidente dos EEUU. Isto para o propio Obama supuxo chegar ao culme dunha carreira de fondo na que levaba moitos anos traballando empezando desde postos moi humildes ata chegar a ser o que foi. Unha persoa coñecida a nivel mundial. A xente tiña expectativas en él de que conseguise un cambio real no país, mellorando a situación de moita xente. Unha das cousas que tivera máis repercusión mediática é que fora o primer presidente negro, algo que animou a moita xente que non votaba porque se sentía discriminada por ser de color a votar a alguén que sabía o que era o racismo e que o sufrira na súa propia pel.
Algunha das cousas máis importantes que fixo foi por exemplo facer que todo o mundo contara con un seguro na sanidade e non pasara como pasaba antes de que había xente que morría por non poder permitirse unha boa sanidade. Fixo unha recuperación económica do pais, recoñeceu os dereitos dos LGTB xa que antes aínda non había leis que os protexesen realmente da discriminación, tamén fixo que a tensión que hai con Cuba se rebaixase, comprometeuse co cambio climático, aínda en este tema e onde máis flaquea xa que había moitos intereses económicos.
Cabe destacar que Obama gañou o Premio Nobel da Paz, algo cuestionado xa que durante o seu mandato EEUU seguía metido en guerras en países asiáticos. Como todos los presidentes, penso como miña nai, que teñen luces e sombras, ser presidente dun país seguramente veña condicionado con afrontar moitas cuestións éticas que poden debatirse entre mellorar o país a costa de facer cousas cuestionables, ou que non vaia tan ben debido a que cumples todo o que prometiches, pero eu aqui xa non vou a entrar, xa que conlevaría unha relfexión moi grande.
En conclusión, os ascenso de Obama constou de varios pasos que non sempre foron agradables para él, pero a base de traballo conseguiu o que quería, mellorar no que el cría.


Título

Jacobo González Noya fálanos do desastre do Prestige

 

Jeremias Alvarenga Gamón · 9 mayo 2020 10:07


Foto coa persoa entrevistada

Idade
39

Testemuño sobre o evento
Jacobo González Noya decatouse por primeira vez do desastre do Prestige de 2002 mediante a televisión, e a súa primeira reacción foi de desagradable sorpresa. O primeiro problema foi unha seria fuga no barco, e necesitaba atracar nalgún porto para arranxala. O seguinte e maior problema foi a indecisión coa que se levou o tema. Ningún porto deixou ao barco atracar polo perigo que supoñía a fuga, lavándose as máns respecto ao asunto. O capitán do barco recibiu a orde de afastarse da costa pero desobedeceuna e non se afastou, deixando varado o barco mentres este seguía a perder petróleo. A poboación de Galicia e de parte do mundo estaba ben informada e espectante no momento, aínda que ninguén era consciente da magnitude que tería o suceso. Polo momento xa existían referentes como o desastre do Urquiola en 1976 ou o do Mar Egeo en 1992.
Ata que meses despois se limpase todo o petróleo, a industria pesqueira e marisqueira da zona (excluíndo á de altura) desaparecería practicamente (deixarían de consumirse a robaliza, os coruxos, etc), afectando especialmente á economía de Galicia durante os meses que permaneceron as consecuencias da fuga de petróleo. Este golpe á economía viuse atenuado pola época do ano na que sucedeu, preto do Nadal. O desastre por outra parte tamén sacou á luz o mellor da xente: o voluntariado por parte de xente de toda España e países veciños, a solidaridade destes voluntarios, o esforzo colectivo por parte do exército así coma a Lexión Española, a UME, o salvamento maíritimo, etc. Houberon ata temas musicais dedicados ao suceso entre os que destaca "La costa del silencio", polo que o impacto social foi notorio. Por aquel momento Jacobo González traballaba no karaoke Makumba en Santiago. A súa vida non foi afectada directamente polo desastre polo que a súa testemuña é principalmente de espectador, pero puido notar que ao ter tanta atención Galicia e as demais costas afectadas e recibir voluntarios de tantos lugares, o seu sector de traballo viuse dalgún xeito beneficiado.
Poderíase dicir que hai paralelismos cos primeiros días da fuga do Prestige e o brote do COVID-19, no sentido da alarma social por parte do mundo, a poboación estando constantemente pendente do mesmo tema e a atención mediática que reciben ambos sucesos, aínda que sexan moi distintos.