Geography and History of Ames

Nin fadas nin princesas « Atrás    

Título

Ana María Vieito Abella é campesiña

 

Carla Crespo Berdullas · 4 febrero 2020 22:36


Foto coa persoa entrevistada

Idade
77

Historia
Ana pasou a súa vida traballando no campo e coidando do fogar.
Dentro da labor de campesiña fixo diferentes oficios que naquela época non estaban remunerados, así como vendedora de produtos da casa e da horta, lavandeira e menciñeira,
Tiña que facer sempre o mesmo, ir de madrugada a traballar as terras e voltar á hora do xantar para continuar pola tarde.
Muxía as vacas para vender unha parte dese leite, estraba as cortes e o esterco empregábao como abono para cultivar. Despois diso ía a plantar hortalizas á horta da casa, iso facíao antes do xantar para que lle quedase menos tarefa.
Cando chegaba á súa casa ocupábase dos fillos, facía a comida e limpaba a vivenda. Pola tarde ía vender os produtos recolectados da horta, xunto co leite, e aproveitaba a ocasión para ir coller auga a unha fonte que estaba na ruta que facía cando ía vender.
Ao vivir durante a época franquista había moita escasez de alimentos e subsistían como podían.
Tamén era lavandeira, ía todos os días moi cedo a un pozo que había preto da súa casa a lavar a roupa. Era un traballo moi duro, xa que co frío as mans cuarteábanse debido á baixa temperatura do ambiente e da auga. Ademais, tíñase que agachar para lavar a roupa, polo que estar todo o tempo así era moi canso.
Outro dos seus oficios era o de menciñeira, preparaba distintas brebaxes curativas que daquela actuaban como calmantes, desinfectantes, etc. Dábaselle bastante ben esa labor, pois os seus devanceiros trataron de ensinarlle todos os seus coñecementos sobre ese oficio, que era considerado un oficio de bruxas.

Dende moi pequena, Ana recibiu comentarios machistas por parte da súa familia, notaba as diferenzas que facían entre ela o seu irmán. Ana tiña que aturar máis comentarios despectivos de xente allea a ela: veciños, coñecidos... Ninguén facía nada ao respecto, pero ela sabía defenderse soa e sempre tentou cambiar eses pensamentos que a xente tiña.
Naquela época estaban normalizados diferentes comportamentos machistas e que ela non toleraba. As mulleres tíñanse que encargar do coidado do fogar e dos fillos principalmente, tamén a traballar no campo. Quen facía os traballos considerados como os "máis duros" nesa época eran os homes, así como ir a traballar no monte, porque seica as mulleres non eran capaces de facer o que facían eles.
O pouco que foi á escola tamén lle fixo pensar sobre a situación das mulleres, pois separaban as clases, nenas por un lado e nenos polo outro. A pesar diso, dábanlle máis oportunidades de estudar aos rapaces que ás rapazas.
A ela non lle chamaba a atención facer unha carreira, tampouco había as oportunidades que hai agora e pouca xente podía permitirse a comodidade de que os seus fillos estudasen.
Foi pouco tempo á escola pero como antes o campo tiña un rol fundamental na sociedade pois podía seguir adicándose a iso.
Iso tivo unha influencia negativa para ela, demasiado esforzo físico, baixa autoestima e ánimo.
Outras mulleres deixaban que fose o home quen dominase todo, ían "normalizando" esa clase de comportamentos, pero ela continuou loitando para conseguir igualdade entre mulleres e homes.

Ela sempre di que se nacese nesta xeración as cousas serían diferentes, pero que por desgraza, aínda queda moito por loitar.
Se os campesiños loitaron contra señores feudais, reis... e acabaron conseguindo que se lles tratasen coma persoas... por que nós non podemos conseguir a igualdade?
Aínda queda moito camiño por recorrer pero estámolo logrando.


Título

A miña avoa

 

Valentina Eletto Rivas · 10 noviembre 2022 17:33


Foto coa persoa entrevistada

Idade
67

Historia
A miña avoa foi a escola con nenos e nenas de todalas idades nun colexio pequeno, no que estudaban cun libro que contía todas as materias que debian saber.

Aos 17 abriu unha cafetería e sala de festas na Serra de Outes, a cal tiña dada de alta a nome da súa nai porque daquelas era menor de idade.

Despois de casar co meu avó, aos 26, empezou a traballar nunha marisquería vendendo productos durante 6 anos en Palencia e outros 6 ou 7 anos en Serra de Outes.

Ela deixou de traballar cando a miña nai tiña aoredor de 13 14 anos.

Agora o que máis lle gusta facer e calcetar e facernos xerseis, bufandas e demáis.

Fotos adicionais


Título

Pilar Pais Pais é agrucultora

 

Irene Fajín Valiñas · 2 febrero 2020 15:00


Foto coa persoa entrevistada

Idade
79

Historia
Pilar empezou na agricultura en Campelo con 6 ou 7 anos acompañando á seus pais ao campo para facer diferentes tarefas, como a recollida de alimentos. Continuou, entre outras cousas, coa agricultura. Ela fixo dous tipos de traballos, grupais cos outros veciños da aldea, como a sementación de patacas, maíz, trigo, cebolas... ; e individuais que eran a recollida destes alimentos chegados a súa hora ,e de forraxes (herva seca palla e comida para os animais). Utilizaba o arado romano con carros de madeira, xa que non había tractores, e outro tipo de máquinas tirados por bois ou vacas, xa de metal, para preparar a terra para poder plantar; e outras ferramentas como o fouciño, o legón, a forcada, a guadaña...

Fotos adicionais

Fotos adicionais


Título

María del Carmen Hombre Rey, agricultora

 

Raúl Pérez Agra · 6 febrero 2020 16:30


Idade
68

Historia
A Miña avoa era agricultora, e aínda segue sendo. Encántalle traballar na horta, dende pequena aprendeu a traballar na horta grazas a sus nai, niña visaboa que non cheguei a coñecer. Ela sempre viviu en Brión, aínda que non na casa onde agora está. Daquela ela traballaba na horta para ter algo mais para comer. Ela tamén facía os labores da casa, o meu avo era o que traía o diñeiro a casa, el traballaba de albañil. O que ela facía daquelas non estaba recoñecido como traballo. Ela pensa que agora na actualidade todo é moito mellor ca antes. E que se ouvera nacido nuestra creación, a sus formación escolar sería moito mellor. Según a sua experiencia personal aconsella aos mozos desta xeración que non importa se eres neno ou nena, que persegas os teus sonos secxan para homes ou mulleres.


Título

A vida da miña avoa (Josefa Domínguez Bretal), (modista).

 

Simón Gómez Arnejo · 10 noviembre 2022 21:32


Foto coa persoa entrevistada

Idade
75

Historia
Naceu na Pobra Do Caramiñal no ano 1946, nunha familia de agricultores. Era a filla maior de tres irmáns, a cal facía todas as labores de coidar aos seus irmáns pequenos, xa que naquela época facíase moito iso.
Iba á escola, como todas as nenas da súa idade. Tras pasar a escola obrigatoria, aínda que lle gustaba moito estudar, tivo que abandoar os estudos para intentar formarse como moitas outras nenas daquela época, en corte e confección,.
Casouse cuns 20 ou 22 anos, moi xoven, como se solía facer naqueles tempos. Despois dus anos traballando de modista, deixouno para dedicarse as labores da casa, algo moi común nas mulleres deses tempos. O seu home era mariñeiro, pero lamentablemente faleceu de xoven afogado dentro do propio barco.
Nesa época os nenos xogaban a xogos manuais , non había teléfonos móbiles nin dispositivos electrónicos como na actualidade. Axudaban moito nas fincas e co coidado dos animais, facían a comida, e as tarefas do fogar, xa que antes había unha responsabilidade familiar moito maior a da actualidade. Así foi a súa vida pasada.