Geography and History of Ames

Imaxes e palabras « Atrás    

Título da fotografía

Mili en el Sahara

 

Marcos Díaz Caeiro · 28 octubre 2022 16:40


Explicación da fotografía
Mi abuelo se tomo esta foto unos dias antes de ir a la mili. La imagen pertenece a su voda con Mercedes ( mi abuela) con la que estuvo felizmente casado hasta el año 2020, que ella fallecio a causa de un golpe en la cabeza. En la imagen podemos ver la seriedad de mi abuelo por tener que abandonar a su familia durante tantos años (2 años). A el le destinaron a hacer la mili en el Sahara. Me conto que lo paso realmente mal, no solo por el calor del dia, sino por la ausencia de alimento que sufrio en el campamente, al extremo de tener que comer alimentos como serpientes. Me dijo que el fue un mal soldado en la mili porque estaba desilusionado por haber abandonado a su familia en Madrid. Él hablaba con mi abuela unas dos veces al mes usando el teléfono conjunto que tenian. Me dijo que fue de las peores experiencias que tuvo, aunque salio de alli con bastantes amigos con los que sigue hablando al dia de hoy.


Título da fotografía

O día mais feliz da súa vida.

 

Carlos Alfonso Cheda · 28 octubre 2022 16:17


Fotografía

Explicación da fotografía
A protagonista deste patrimonio e a miña nai, esa fotografía foi tomada o 5 de agosto do 1979 na igrexa de Teo (Calo). Ía facer a comunión e pasar un día xenial coa familia e os seus amigos, cun vestido branco e unha cara de alegría que xa se vía de lonxe. Amancia coma un día mais de verán para todas as persoas; menos ela, que non puido descansar a noite anterior. Ao chegar a igrexa, esperaron a que chegaran todos os familiares e amigos.
Acabou a cerimonia e fóronse a comer todos xuntos e mentres esperaban pola comida, a miña nai e coa compaña doutros nenos estiveron xogando, mentres os adultos falaban entre eles.
Ao acabar, déronlle un regalo entre todos; que foi... Un can!
Encantoulle o regalo, pero a parte triste desta historia e que tiñan que marchar cara a casa pero ela non quería. Aínda que tiveron que marchar, polo camiño pensou que nome lle ía poñer. Abriron a porta da casa e díxolle a súa nai que se ía poñer Luca ao can. Foise para cama e durmiu pensando que foi o mellor día da súa vida.


Título da fotografía

Unha emigracion é o comezo dunha nova vida

 

Alba Picón Ferreiro · 28 octubre 2022 16:51


Fotografía

Explicación da fotografía
Esta foto foi tomada es Buenos Aires no 1950. É do primo da miña avoa.

O home da dereita chamábase Manuel Iglesias. Él era fillo de Carmela (a miña tía bisavoa), muller dunha casa de labregos. Aparte de él e os seus pais, alí tamen vivían outros cinco irmáns. A sua muller é a que esta ao seu lado, e chamábase Rosa Regos. Os dous eran emigrantes.

No 1942 España estaba en posguerra e era unha época moi dificil onde apenas había traballo, polo que Manuel, que aínda non coñecía a Rosa, tivo que emigrar a América do sur para gañarse a vida. En Buenos Aires vivía o seu tío, que tiña unha panadería, polo que pagoulle o pasaxe do barco, que daquela era moi caro, para que fora a traballar con él. No mes de xuño de 1942, o primo da miña avoa colleu o tren de Santiago con dirección a Vigo para embarcarse. Alí é recibido polo seu tío, co que empeza a traballar. Despois dun tempo ala, coñece a Rosa, outra emigrante dunha aldea galega, e decide casarse e formar unha familia con ela.

A foto fíxose despois da voda, nun estudo de fotografía. Os dous visten con roupa elegante e de boa calidade, para que a miña tia bisavoa vera o ben que lle ía en América.


Título da fotografía

Guadalupe coma sempre

 

Julia Del Río Bravo · 8 noviembre 2021 19:24


Fotografía

Autor/a, relación contigo, data e lugar da foto
O autor da fotografía é José Antonio, o meu avó. A fotografía foi tomada no 1965 en Rianxo, na provincia da Coruña.

Explicación da fotografía
Setembro do 1965, procesión da Virxe de Guadalupe. José Antonio e a súa esposa Fita van ao peirao do seu pobo como cada ano, coma cando eran uns raparigos. Pero Rianxo non celebra estas festas soamente desde que eles estaban neste mundo, senón que o que coñecemos coma Festa da Guadalupe xurdiu moito tempo atrás.
Todo volve atrás ao 1854, cando Galicia sufriu a peste da cólera, que apenas tivo incidencia en Rianxo. A xente atribuíu esta protección á Virxe da Guadalupe, a cal é unha réplica feita no 1773 da que podemos encontrar en Estremadura. A este culto relixioso uniuse a festa popular e organizouse unha procesión marítima coa “Moreniña” embarcada nun veleiro acompañada de embarcacións tradicionais engalanadas con bandeiras. Protectora da xente de Rianxo, a imaxe da Virxe é sacada do santuario e levada en procesión ata o Paseo da Ribeira, onde todos comezan a cantar a popular canción galega “A Rianxeira”, copla que naceu no 1947 en Buenos Aires en honra a Castelao e á terra galega que todos os emigrantes botaban de menos.
Hoxe, José Antonio e Fita aproveitan estas festas para reunirse cos seus familiares máis afastados e amigos da infancia.


Título da fotografía

Formando o noso camiño.

 

Uxio Castro Nieto · 28 octubre 2022 16:11


Fotografía

Explicación da fotografía
Na foto estan os meus tataratataraavós maternos, a foto foi tomada no estudo fotográfico M. Chicharro, no ano 1870 en Santiago de Compostela, os dous se dedicaron sempre ao campo, son de mediados do S. XIV. Os dous son do Concello de O Pino e as suas parroquias estaban separados polo rio Tambre, ela de Budiño e el de Gonzar. A foto a tomaron moi pronto de casar e a piques de ter o seu primero fillo, o primeiro de oito.