Historia
A miña avoa viviu un periodo que abrangue a época franquista e a transición.
Era unha época de represión, non podías dar a túa opinión en contra de Franco, os demócratas que o facían sabendo os riscos que conlevaban as protestas, optaban por revelarse, pois moitos deles foron para o cárcere, torturados e levados a campos de concentración onde morreron fusilados.
Nas aldeas era moi común que houbese conflitos veciñais. As protagonistas eran as delacións, eran falsas testemuñas ditas por calquera persoa da túa aldea, acusándote de facer algo que nunca fixeches.
A xente enterábase das noticias e dos discursos de Franco pola radio.
En canto a emigración, as persoas abandonaban o páis para ir a América principalmente, debido a situación económica ou porque non toleraban as condicións políticas e sociais dese lugar. Entre eles estaban os fuxidos, agochábanse nos montes porque eran perseguidos, como as mulleres ou outros membros da familia ían pola noite levarlle comida e roupa, as autoridades non podían crer cal era a razón pola que seguían vivos. Logo disto comezouse a facer limpeza dos montes e xa non tiñan escapatoria, tamén ían cunha forcada ou outros apeiros de labranza chantándoos no chan das leiras de millo, etc xa que tamén se agochaban alí.
A miña avoa tiña uns familiares que foron levados aos "paseos" por revelarse en contra de Franco e defender os dereitos dos cidadáns. Despois de pasar iso atoparon os corpos deles e de algúns veciños polas cunetas.
A xente pasaba moitísima fame porque estaban racionados, é dicir, tiñan que ir cunha cartilla para que lle desen unha cantidade de alimentos que non podían consumilos antes dun determinado tempo, se facían iso non lle quedaban provisións. Unha cousa boa disto é que existía o estraperlo, que era un intercambio clandestino de alimentos entre as persoas, cambiaban uns productos pouco necesarios por outros de primeira necesidade.
O seu menú baseábase en castañas (o que non as tiña roubábaas), un anaco de touciño,caldo sen moito condimento, papas, carolos de broa fervida, pan de trigo e empanada de millo.
O ensino era moi duro, pois a miña avoa e outras persoas chegaban tarde á clase porque tiñan que facer tarefas agrícolas. A mestra berráballes e como castigo tiñan que estar media hora con area nos xeonllos suxeitando dúas enciclopedias (unha en cada man) e levantándoas en alto.
Os mestres pegábanlle aos alumnos (tiróns de pelos, golpes na caluga co punteiro do mapa, facíanche poñer as mans enriba da mesa para poder coller unha regra e golpearche as unllas) e se non sabían algo e ridiculizábanos diante de todos. Na escola tomaban o chamado "leite dos americanos" (era leite en pó que sabía moi mal), tíñano metido dentro duns botes grandes para botarllo aos alumnos. Para acompañalo, dábanlle un anaco de broa untada con manteiga moi salgada.
Había escola pola mañán e pola tarde. Cantábase o himno de España e rezábase. Tiñan poucas asignaturas, xeografía, aritmética, bioloxía, relixión, gramática, historia de España e historia sagrada.
A muller estaba sometida á autoridade dun home, desde o seu nacemento ata que alcanzase certa idade para casarse era o pai, logo ao casarse pasaría a ser o marido, etc.
Non tiñan dereitos.
As mulleres eran violadas e maltratadas, isto considerábano algo "normal" xa que non podían protestar nin facer nada.
Moitas eran rapadas (nesa época era algo moi malo) e dábanlle unha especie de laxante chamado aceite de ricino.
Deste xeito eran levadas polas aldeas, espidas, rapadas e baixo os efectos dese aceite.
Tras a morte de Franco en 1975, Tejero dá un golpe de estado sete anos despois. Ese día ninguén durmía polo que puidese chegar a pasar, xa que Tejero tivo retidos a todos no Congreso ata que finalmente o detiveron.
Despois dos diferentes sucesos acontecidos comezou unha época coñecida como a transición, onde o medo era o protagonista.