Geography and History of Ames

Atrapa un topónimo! « Atrás    

Versión popular do microtopónimo

Cabanas

 

Nuria Iglesias Couto · 4 marzo 2020 16:33


Versión oficial do microtopónimo
Cabanas

Pronuncia do microtopónimo

Fotografía no lugar e coa persoa informante

Localización
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Cabanas Os Ánxeles, Brión 42,845336867 -8,690551199

Significado do microtopónimo
Unha cabana é unha construcción pequena, polo xeral de madeira, que pode ter o teito de palla ou remallos e que serve , ben para gardar o gran, a herba seca, os apeiros de labranza, etc., ben como refuxio da xente do campo.
A través de esta definición, intúo que cabanas é un lugar onde se podían atopar antigamente moitas cabanas con xente que se dedicaba a traballar no campo.

Clasificación segundo o significado
Construcións

Descricións das características naturais
Situase nunha montaña preto dun monte onde se pode encontrar moitos eucaliptos. Preto da aldea podemos atopar un pequeno regato e un pequeno mantial de auga potable procedente da montaña.

Descricións das características antrópicas
É unha zona na que se poden encontrar numerosas casas, especialmente antigas e de pedra, e moitos horreos. Tamén hai zonas de cultivo (nas que se cultivan sobre todo grelos, millo e trigo) , campos abertos ou rodeados de muros de pedra e pequenas hortas(nas que se colleitan sobre todo patacas, tomates, cebolas).

Actividades asociadas ao lugar
As veces, sobre todo os fins de semana ou polo verán, veñen rapaces e rapazas de outras aldeas a facer motocross e ciclismo no monte xusto ao lado da aldea. Tamén realízanse senderismo rural polo medo da aldea.

Mostras de tradición oral
Non hai mostras de tradición oral, pero unha anécdota que me contaron foi que en Cabanas hai unha costa moi empinada antes de acceder ao monte e, antigamente, unha señora moi mayor chamada Carmen, sempre que baixaba do monte caía de cu e os veciños tiñan que axudala a erguerse.

Presenza do microtopónimo en Galicia
Este topónimo tamen pódese atopar en moitos lugares de Galicia, concrétamente en 55 lugares. Algúns exemplos son no concello de Cabanas da parroquia de Cabanas (Santo André)(A Coruña); no concello de Carballo, na parroquia de Oza (A Coruña); no concello de Cerdido, na parroquia de A Barqueira (A Coruña); no concello de Cervantes, na parroquia de Cereixedo(Lugo); no concello de Forcarei, na parroquia de Forcarei (San Martiño)(Pontevedra) e no concello de A Bola, na parroquia de San Martiño de Berredo (San Martiño)(Ourense).

Fotografías do lugar

Fotografías do lugar

Fotografías do lugar

Fotografías do lugar

Fotografías adicionais

Fotografías adicionais

Fontes secundarias empregadas
https://academia.gal/dicionario
https://www.xunta.gal/nomenclator
https://galicianomeada.xunta.gal/sixtop/inicio
https://gl.wikipedia.org/wiki/Portada

Nome e apelidos
Maria del Carmen Couto López


Versión popular do microtopónimo

Monelos

 

Juan Cañizo González-Elipe · 24 febrero 2020 20:23


Versión oficial do microtopónimo
Avenida de Monelos

Pronuncia do microtopónimo

Fotografía no lugar e coa persoa informante

Localización
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Avenida de Monelos Esta é a localización exacta da avenida de Monelos. Pertence á parroquia de Santa María de Oza e ao concello da Coruña, na provincia da Coruña. 43,349666495 -8,403932560

Significado do microtopónimo
A miña avoa pensa que Monelos é un nome referido a un lugar rural que estaba retirado e alonxado da cidade da Coruña. Non sabe exactamente o seu significado pero cre que está relacionado con estas cuestións.

O meu pai afirma que o nome de Monelos está referido ao río soterrado que circula por debaixo da superficie do barrio e lle dá nome. Neste caso, o nome "Monelos" viría xa dende tempos remotos e o seu significado estaría relacionado co étimo celta "munno", que significa montículo. Aparece en máis lugares de Galicia e tamén en Asturias.

En base á información recibida, na miña opinión o nome Monelos refírese a un río que recibe o seu nome debido ao relevo da zona, que presenta pendentes e elevacións, e aínda se pode apreciar como gran parte deste barrio está construído sobre un outeiro. A miña posible explicación coincide coa do meu informante principal e a dos estudos toponímicos consultados, principalmente, na web “Toponimia asturiana” (https://mas.lne.es/toponimia/index.php?leer=187&palabra=monelos). Esta páxina achéganos información da posible orixe e significados máis probables do étimo. Ademais, está relacionado con outros como muniello, muñera, etc. Tamén nos fala da presenza deste étimo en linguas como o vasco ou dialectos como o asturiano. Na web "Galicia nomeada" o topónimo sae referido no concello da Coruña a unha parte do río Monelos que non foi tapada e discorre polo lugar de San Cristovo das Viñas (https://galicianomeada.xunta.gal/sixtop/toponimos/fichapublica/38274000013994).

Clasificación segundo o significado
Hidrotopónimo

Descricións das características naturais
Actualmente, a avenida de Monelos conforma un barrio totalmente urbanizado sen case ningunha manifestación da natureza. Sitúase ocupando un pequeno val que cubre a superficie do río Monelos, totalmente soterrado; as zonas chás e o outeiro, na zona interior da cidade e relativamente lonxe do mar. Este río, que lle dá nome ao barrio, desemboca na ría. Ademais, o relevo da avenida é irregular. É unha avenida elevada, edificada sobre un outeiro, polo que presenta elevacións e pendentes.

Descricións das características antrópicas
A avenida de Monelos é unha rúa grande e concorrida na periferia da cidade da Coruña. É un barrio modernizado e edificado, que case non deixou lugar para vestixios do pasado ou elementos naturais. Aínda así, pódese apreciar algún exemplo, como algunhas casas pequenas de dúas ou tres alturas que representan o que foi Monelos no pasado, fronte aos modernos edificios modernos e altos con moitas plantas que representan o que o barrio é hoxe. A vexetación que se pode apreciar non é natural, senón que foi plantada polo ser humano para decorar e darlle un carácter máis limpo e atractivo á zona.

Actividades asociadas ao lugar
Actualmente, as actividades que se desenvolven no barrio de Monelos están orientadas, principalmente, ao sector terciario, como a maioría de barrios residenciais modernizados da Coruña. Isto vese claramente reflictido debido a que a sede da Xunta de Galicia desta cidade sitúase nesta avenida; é o edificio branco que aparece detrás da fonte na imaxe cos meus informantes. Destaca a actividade do sector terciario administrativo. Tamén abondan as tendas, os supermercados e os bares, todos eles coa finalidade de ofrecer bens e servizos á poboación (ocupan un segundo plano na xerarquía de actividades do complexo residencial). É un lugar terciarizado, en contraste coa súa orixe rural, na que o sector primario era o que predominaba, antes de que Monelos fose urbanizado como un barrio máis da cidade da Coruña.

A miña avoa lembra que nos seus tempos mozos Monelos non era un barrio residencial da cidade, senón unha aldea separada. Predominaba unha arquitectura tradicional e popular, con casas pequenas e humildes, unifamiliares e de poucas alturas. Existía un mercado tradicional ubicado na plaza da aldea. Había uns postos de madeira permanentes que abrían as súas portas cando se celebraba o mercado e permanecían pechados cando non o había. Predominaba a venta de produtos agrícolas posto que esta era a principal actividade que se desenvolvía na aldea, principalmente, de fresas (típicas da zona). Existían unhas festas parroquiais como en calquera municipio tradicional e rural de Galicia, dedicadas a Santa María de Oza. Celebrábanse o 15 de agosto de cada ano. Viñan gaiteiros e músicos tradicionais a tocar, e facíase unha procesión cara á igrexa de Santa María de Oza (actualmente consérvase). Unhas nenas que facían a comunión levaban un ramo que entregaban ao chegar á igrexa, que era onde remataba a procesión. Ademais, había xogos de pirotecnia.

Mostras de tradición oral
Os meus informantes descoñecen algún tipo de tradición oral relacionada coa antiga aldea de Monelos e o actual barrio residencial. Unha das lembranzas de especial relevancia que vinculan a miña avoa con este barrio é que a miña avoa coñeceu aquí ao meu avó, José Manuel Cañizo Otero, que era orixinario da antiga aldea. A maioría da información que me achegou ela foi a que lle contou o meu avó cando vivía, que era o que máis coñecía a zona e o que máis tempo pasou nela. A miña avoa recorda, a través do meu avó, que cando foron as obras de demolición do barrio nos anos 60, a casa do meu avó e os seus pais foi demolida. Como consecuencia, o Concello deulles dous pisos, un deles é no que, actualmente, vive a miña avoa, no barrio das Flores.

Aínda que os meus informantes descoñecen mostras, nun documental que vin co meu pai moi recentemente, titulado "Esquece Monelos", cítase que na taberna (incluída no apartado de fotografías do lugar) cantábanse cancións populares relacionadas coa historia e as vivencias personais dos habitantes da zona. Tentei buscala pero non a atopei, mais no documental móstrase unha interpretación.

Presenza do microtopónimo en Galicia
Segundo o nomenclátor de Galicia, este microtopónimo non só está presente no barrio coruñés, senón que tamén está presente noutros lugares de Galicia. Estes son: O concello de Cabana de Bergantiños, na parroquia de Canduas (San Martiño); o concello de Carballo, na parroquia de Sofán (San Salvador) e o concello de Castro de Rei, na parroquia de Azúmara (San Xoán).

Fotografías do lugar

Fotografías do lugar

Fotografías do lugar

Fotografías do lugar

Fontes secundarias empregadas
A información extraída mediante fontes secundarias para facer este traballo saqueina das seguintes páxinas web:

http://arqueotoponimia.blogspot.com/2019/01/someso-martinete.html?m=1;
https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2018/06/10/toponimos-contannos-o-e-o/1299580.html; https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2020/02/02/rio-monelos-sigue-siendo-rio/0003_202002H2C4991.htm?utm_source=facebook&utm_medium=referral&utm_campaign=fbcoru; https://gl.wikipedia.org/wiki/Monelos; https://mas.lne.es/toponimia/index.php?leer=187&palabra=ndi; http://esquecemonelos.com/es/monelos-2/; https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2014/05/18/tradicion-ir-fresas-oza/0003_201405H18C9993.htm; https://www.xunta.gal/nomenclator?p_p_id=NomenclatorPortlet_WAR_NomenclatorPortlet&p_p_lifecycle=1&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=2.

Nome e apelidos
Juan Antonio Cañizo Fraga e Consuelo Fraga Gutiérrez


Versión popular do microtopónimo

Os muíños

 

Yenny Medina Cardoso · 5 marzo 2020 21:11


Versión oficial do microtopónimo
Refuxio de Verdes

Pronuncia do microtopónimo

Fotografía no lugar e coa persoa informante

Localización
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Refuxio de Verdes muíños 43,225641985 -8,793047451

Significado do microtopónimo
Antigamente só estaban os quince muíños, non había nin a ponte, nin as mesas, nin as cadeiras nin as barbacoas. Só muíños.

Clasificación segundo o significado
Construcións

Descricións das características naturais
Sitúase ao lado do río Anllóns, rodeado de vexetación e moitas árbores de distintos tipo e musgo. Actualmente aínada se conserban os muíños. Utilizában a forza da auga para moer e facer fariña.

Descricións das características antrópicas
Hoxe podemos ver como foron engadindo cousas ata formar unha especie de parque "natural". Engadiron pontes para poder pasar de un lado a outro, mesas, cadeiras, e unhas barbacoas (feitas de pedra ou madeira).

Actividades asociadas ao lugar
Antigamente só se ía a moer para facer fariñas, como moito a miña infomante e os seus amigos ían xogar preto do río no verán. Agora, é un sitio onde vai a xente a pasar o día, normalmente, tamén no verán, debido a que o caudal da auga é menor.

Mostras de tradición oral
A miña informante contábame que nese lugar hai moito tepom, (moito antes de que ela fose nena) un traballador, morreu pasando de un muíño a outo, díxome que foi polo caudal, que era moi forte e había moita auga e morreu, pero nunca atoparon o seu corpo, e lle fixeron unha cruz preto dos muíños.

Presenza do microtopónimo en Galicia
Non atopei ningún sitio que se chamase así.

Fotografías do lugar

Fotografías do lugar

Fotografías do lugar

Fotografías do lugar

Fotografías adicionais

Fotografías adicionais

Fontes secundarias empregadas
https://unmundoinfinito.com/refuxio-de-verdes-un-paraje-idilico-en-galicia/

Nome e apelidos
Dosinda Villar Reino


Versión popular do microtopónimo

Pedra da Mira

 

Fran García Sebe · 5 marzo 2020 20:51


Versión oficial do microtopónimo
Pena da Mira/ Pedra da Mira

Pronuncia do microtopónimo

Fotografía no lugar e coa persoa informante

Localización
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Pedra da Mira Buceleiras, Bugallido, Ames, A Coruña. 42,849738228 -8,606549691

Significado do microtopónimo
Como o seu nome indica signiffica que ten moi boa vista. Vese Santiago, O Val da Maía e outros sitios máis. Moitos veciños van a ver os "fogos do Apóstolo" dende ese sitio.

Segundo as fontes consultadas parecen cadrar con esa idea de boa vista , que se pode mirar toda a zona de Santiago, Ames, Brión..

Clasificación segundo o significado
Orónimo

Descricións das características naturais
Esta "Pedra da Mira" está nun monte chamado O Picón. Está a 200 metros máis ou menos de altitude. Hai árbores arredor
Nesa Pedra da Mira hai uns Petrogifos. Os gravados apenas se recoñecen polo desgaste.Tamén a poucos metros encóntanse as mámoas do Picón.

Descricións das características antrópicas
Nesa Pedra da Mira hai uns Petroglifos. Os gravados apenas se recoñecen polo desgaste.Tamén ,a poucos metros, encóntanse as mámoas do Picón.

Temos que dicir que pasa por alí unha liña de alta tensión e un pouco máis apartado un gasoducto. ( foi desviado un pouco cando decubriron que quela zona era de interese patrimonial...) E o estado de conservación do lugar non é do mellor.
Nesa zona hai árbores ( piñeiros ,eucaliptos,carballos), hai tamén bastante fauna coma coellos, raposos, e bastantes tipos de aves). Foi diminuindo tanto os árbores coma a fauna debido, entre outras cousas a incendios e a tala de árbores (concentración de montes...).

Actividades asociadas ao lugar
As actividades que se máis se relacionan con este topónimo son as de lecer e dicir ir a pasear, ver, sacar fotos, videos da zana... e sobre todo no mes de xullo ver os fogos e queima da fachada da catedral de Santiago o 24 e 31 dese mes. Os veciños van con familias e amigos e levan bebida e comida para cear e logo a ver os fogos.

Mostras de tradición oral
As únicas lembranzas que contan os informantes cos que puiden falar é a de ir a ver os fogos e queima da fachada da catedral de Santiago os días 24 e 31 de xullo. O ben que o pasaban ceando en familia, amigos. E tamén con veciños de outras parroquias (Viduido...).

Presenza do microtopónimo en Galicia
Non aparece no Nomenclátor. Hai pouca información deste microtopónomo.
Aparecen palabras co inicio "A pedra de...", pero non Pedra da Mira.

Fotografías do lugar

Fotografías do lugar

Fotografías do lugar

Fontes secundarias empregadas
Fotografias sacadas no lugar e algunhas das fontes dixitais foron entre outras :
- http://patrimoniogalego.net/index.php/82236/2016/01/pena-da-mira/ (data 3/03/2020)
-http://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/petroglifos-de-galiza_10.html (data 2/03/2020)
-https://www.xunta.gal/nomenclator?p_p_id=NomenclatorPortlet_WAR_NomenclatorPortlet&p_p_lifecycle=1&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=
(data2 /03/2020)

Nome e apelidos
Mª Eva Sebe García


Versión popular do microtopónimo

A Tenza Longha

 

Álvaro Abad Carballeira · 5 marzo 2020 23:42


Versión oficial do microtopónimo
A Tenza Longa

Pronuncia do microtopónimo

Fotografía no lugar e coa persoa informante

Localización
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 O Barreiro, A Coruña, Galicia Finca de labranza rodeada de árbores e situada ao carón dunha casa de tres alturas. 43,235376200 -8,022485000

Significado do microtopónimo
a) Según as fontes orais, tenza longa refírese a unha finca agrupecuaria moi longa
b) Tras botar unha ollada na RAE e noutras páxinas, non encontrei significado das dúas palabras como topónimo, pero busquei o significado de tenza, e resulta que fai referencia a fincas de cultivo que pertencen a todos os veciños.
Polo tanto, o significado encontrado nas bibliografías aseméllase bastante ao recollido nas fontes orais.

Clasificación segundo o significado
Explotacións agropecuarias

Descricións das características naturais
Sitúase nunha pendiente bastante pronunciada enrriba do barranco da loba, a carón da serra da Loba, a 400 metros de altitude e a 500 metros de distancia do río Mandeo. Ao seu redor encontramos un prado de gran extensión, e diferentes fincas de grande superficie cubertas por diferentes coníferas e outras especies de árbores autóctonas (carballos, budios...) Tamen podemos apreciar distintas obras feitas polo ser humano nos úntimos 70 anos (unha casa de tres alturas, un lavadoiro de pedra, un galpón e unha pequeniña esplanada) que ainda que non ocupan moita superficie da finca, prexudican á súa utilidade como campo de cultivo.

Descricións das características antrópicas
Nesta finca podemos encontrar diferentes elementos feitos polo ser humano realizados nos ultimos 70 anos, como por exemplo, un lavadoiro de pedra que actualmente se encontra en deshuso, un galpón no que se garda a leña, unha casa, unha esplanada para eventos recreativos,e uha gran mesa de pedra para grandes comidas familiares. Toda a finca está rodeada por un muro de formigón recuberto de pedra artificial xunto con un ou dous metros de rede por enrriba.

Actividades asociadas ao lugar
Debido á súa gran superficie, actualmente a finca ten tres partes nas que se realizan diferentes actividades, ten a parte de cultivo, que debido a problemas familiares fai uns meses que esta en deshuso como se pode apreciar nas fotos ( confío en que dentro de pouco se volva a retomar a actividade como ata fai pouco), ten a zona na que se encontra a casa e todas as contruccións, e por último ten a parte na que se encontran as árbores froiteiras (cerdeiras,maceiras, aveleiras, figueiras,pereiras...)

Mostras de tradición oral
Mesmo da finca non hai ningunha mostra de tradición oral, pero a uns poucos minutos, na serra da loba hai un vello cruceiro do sigo XIX que agocha unha lenda moi famosa, a lenda de Pepa a Loba. Conta que na zona, vivía unha muller, Pepa, cunha vida normal, ata que un dia foi agredida sexualmente e o seu marido foi asasinado. A raíz dese sucedido, Pepa vivía nun sufrimento continuo por parte da xente adinerada e superior a ela económicamente. Un día decidiu cambiar e empezar a tomar a xustiza pola súa man, comezou a alterar a vida dos ricos, roubándolles as súas pertenenzas de valor para o seu reparto entre os pobres. Podese dicir que era unha especie de bandoleira parecida a Robin Hood. Foi unha gran loitadora na prol da xustiza social.
Pero como con todas as lendas, non se sabe canto hai de certo...

Presenza do microtopónimo en Galicia
Despois de realizar a búsqueda na páxina da xunta, chegamos á conclusiión de que non hai sitios co nome de Tenza Longa en ningún outro lugar de Galicia.

Fotografías do lugar

Fotografías do lugar

Fotografías adicionais

Fotografías adicionais

Fotografías adicionais

Fontes secundarias empregadas
Real academia galega: (FONTE DIXITAL)
https://academia.gal/dicionario?
Acceso o día 29/02/2020

Páxina oficial do concello de Aranga: (FONTE DIXITAL)
http://www.aranga.es/
Acceso o día 29/02/2020

Nome e apelidos
Pilar Maceiras Acción