Geography and History of Ames

Historias do confinamento « Atrás    

Título

Un aburrimiento eterno

 

Antón Martínez Núñez · 28 mayo 2020 18:28


Eu durante o confinamento

A miña historia do confinamento
Yo cuando empezo el confiniamiento estaba feliz, porque pensaba qu estaria todo el dia con los amigos hasta la noche, pero no fue asi, al final no se pudo sali, pero lo bueno de esto esque tenia la videoconsola, que con esta podia hablar con los amigos y jugar al mismo tiempo, tambien me ayudo mucho los discos que tengo de musica, y por ultimo tambien me ayudo las videollamadas que hacia con los amigos.
Al principio creia que esto seri de 1 mes como mucho pero poco a poco me di cuenta de que no, en un mes mas tarde empiezan a poner restricciones, pero si estas las respetaba podria salir con los amigos, asi que a mi me servia(siempre las respetaba). Y eso fue lo que paso hasta el dia de hoy.

A miña historia do confinamento en vídeo


Título

Videoxogos, deberes e tamén videoxogos

 

Pablo Freijeiro Díaz · 27 mayo 2020 17:18


Eu durante o confinamento

A miña historia do confinamento
A miña vivencia persoal co confinamento non foi precisamente positiva, pero, por sorte, non perdín a ninguén cercano, polo que non podo queixarme.
As primeiras dúas semanas de confinamento fixen moitos deberes, porque algúns profesores mandaron moito, pero logo ampliaron as datas de entrega. Non me preocupei moito do exercicio físico, xa que pensaba que a situación non duraría moito.
Nas seguintes semanas de confinamento, a miña rutina diaria foi sempre igual (non houbo diferencia entre a fase 0 e a fase 1). Erguíame sobre as nove e xogaba aos videoxogos ata as 10:30. A esa hora empezaba cos deberes e logo facía un pouco de exercicio ata a hora de comer. Despois de comer tiña que saír un pouco ao xardín para que me dera o Sol e logo volvía xogar a videoxogos ou ver algún vídeo. Despois diso, facía deberes de novo ata as 18:00-19:00, que é condo miña irmá e mais eu chamabamos ao meu primo para xogar a un xogo en liña. Logo, ás 20:00 aplaudía e, ás 20:30 tocáballe a televisión aos meus pais e eu marchaba a facer deberes de novo. Ao rematar, vía algún vídeo ou lía calquera cousa en Internet ata as 0:00, que é cando eu marchaba a durmir. Esta rutina cambia cando teño videoclases, nese caso, reemplazo a actividade que toque a esa hora pola videochamada.
Co da desescalada, a miña rutina non cambiou moito, pero si mudou o que fago pola tarde. Esta última semana (17 de maio), comecei a saír da casa. Entón, a miña rutina cambiou un pouco: en lugar de xogar a videoxogos pola tarde, agora marcho a casa dun veciño (coa miña irmá), que montou unha piscina pequena. Tamén comecei a ir a clases de tenis os venres e agora teño clases de inglés por Skype. A miña rutina actual xa se parece un poico máis á que tiña antes desta pandemia, pero aínda non de todo.
En xeral, practicamente non saín da casa e estiven bastante illado do mundo. Cos meus amigos só falei de deberes e atopei a algún pola rúa, pero as únicas persoas coas que me comuniquei considerablemente foron os meus pais, miña irmá e o meu primo co que xogo en liña. Tamén falei con algúns familiares por videochamada pero, moi de vez en cando.
Creo que xa é evidente pero hai dous elementos que predominan nas diferentes rutinas diarias que seguín: os videoxogos e os deberes. O meu horario foi sempre o mesmo despois das dúas primeiras semanas ata a do 17. O único que cambiou foi o videoxogo ao que xogaba. Ao principio, era un de pelexas (Smash Bros), que é ao que xogo en liña co meu primo, pero os meus pais logo mercaron un novo xogo chamado Animal Crossing, ao que non xoguei moito, agás os dous primeiros días , nos que case non fixen deberes e quedaron para a fin de semana. Máis tarde, os meus pais mercaron outro xogo (Zelda Breath of the Wild); a este si que xoguei bastante, pero aprendín do que sucedera antes e mantiven o meu horario para non agobiarme logo.
En relación cos deberes, un problema bastante importante foi por onde mandan os deberes os profesores. As tarefas chegan por moitas plataformas diferentes, e é moi confuso comprobar todas as plataformas cada día, porque sempre me esquezo de algunha. Outro problema de comunicación é que ás veces a aula virtual non me notificou das tarefas, pero tiven a sorte de que os meus compañeiros me avisaron a tempo. Coas videochamadas, pola outra banda, non tiven moito problema, só que nalgunha non fixen moito porque xa sabía todo o que explicaban, posto que fixera os deberes antes.
Tamén costoume xestionar o tempo de traballo. Ás veces deixei os deberes para os últimos días e acababa un pouco agobiado. Pero iso foi máis cara o principio do confinamento. Co paso do tempo fun estabilizando máis a miña rutina e agora teño todo máis controlado e organizado.
A foto que subín representa as dúas actividades ás que máis tempo dediquei durante o confinamento, por iso a escollín. Na metade dereita aparezo eu xogando ao Smash Bros Ultimate pola mañá, coa miña irmá; e na foto da esquerda saio eu facendo deberes: xusto estou facendo este traballo.

A miña historia do confinamento en vídeo


Título

A mesma e aburrida rutina todos os días

 

Fran García Sebe · 26 mayo 2020 17:39


Eu durante o confinamento

A miña historia do confinamento
Eu empecei a oír falar desta enfermidade a case ao acabar o ano 2019. Daquela a xente aínda non lle tiña tanto medo e non sabía o que iba a supoñer para a sociedade.
De alí a un meses ou dous, xa estabamos contemplando que o virus iba a mais, pero aínda non cabía a posibilidade nas nosas cabezas de que iba chegar a España, e moito menos a Galicia.
De alí a pouco tempo, decretouse o estado de alarma o 13 de marzo de este ano 2020. Eu decatárame de isto ese mesmo día, antes de acabar as clases xa estabamos informados de que ían a pechar os centros educativos, cousa que a nós nos emocionou. De alí a un tempo, non era todo beneficios, xa que recapitamos e reflexionamos sobre o gran problema mundial que estamos a vivir.
Despois, a volta a "normalidade" dividirase en fase, na que aportara cada vez un pouquiño mais de liberdade aos cidadáns e cidadás.
No meu caso, os primeiros días/semanas de confinamento paseino bastante mal, xa que nunca vivira algo así pero acabei acostumbrandome ata o día de hoxe, e espero que todo esto volva á normalidade poñendo cada un un pouco da súa parte e comprindo as normas que se propoñen.

A miña historia do confinamento en vídeo


Título

Largos días de cuarentena

 

Andrea Vilas Pampín · 18 mayo 2020 11:02


Eu durante o confinamento

A miña historia do confinamento
Fai xa moitos meses que oín falar por primeira vez do coronavirus. Ao principio era algo que pasaba en China e practicamente ninguén pensaba que chegaría ata aquí. Logo pasou a Italia e a xente si que se empezou a preocupar.

E despois chegou o día. Ese 12 de marzo no que, en verdade, non fixemos outra cousa máis que falar do coronavirus. Ata que saiu a noticia de que se decretaba o estado de alarma e a xente púxose aínda máis nerviosa. E así comenzaron esas dúas semanas que de dúas semanas teñen pouco.

Os primeiros días foron raros e pensei que me ía aburrir moito, pero ao final dinme conta de que hai moitas cousas para facer. Probablemente axude o feito de que vivo nunha casa bastante grande con xardín e todo polo que, polo menos, podo saír afora un pouco.

E así foron pasando os días e foron mermando os casos de coronavirus e así comezou a fase de desescalada. Que máis que nada, parecía unha competición entre comunidades
autónomas.

En canto á foto do apartado anterior, representa á importancia das mascarillas e da hixiene hoxe en día.

A miña historia do confinamento en vídeo


Título

Unha nova experiencia

 

Sabela Riveiro Dios · 29 mayo 2020 11:45


Eu durante o confinamento

A miña historia do confinamento
Este confinamento non foi moi complicado para min, é verdade que teño xardín e podo saír a tomar o aire, pero son moito de estar na casa e non me costou moito. Nesta cuarentena aprendín a cociñar moitas cousas, sobretodo repostería,bizcochos, galletas, magdalenas e batidos son algunhas das cousas que fixen. Paréceme unha idea de pasar o tempo moi entretida. En canto os horarios, todas as mañás de 9 a 13:30 fago traballos de clase, pola tarde é cando podo facer actividades de ocio, xogar ao baloncesto, cos meus irmáns, ver unha peli. Non me aburrín moito, pero é verdade que con irmáns se leva mellor. Esta é unha situación que faite reflexionar sobre as persoas que tes ao teu redor e empezas a valoralas máis.

A miña historia do confinamento en vídeo