Geography and History of Ames

Nin fadas nin princesas « Atrás    

Título

María José Cristobo es ama de casa.

 

Irene Calvo González · 5 febrero 2020 19:15


Foto coa persoa entrevistada

Idade
50

Historia
María José nació en Pontecesures hace 50 años, ella vivió en una casa junto con sus padres y sus cinco hermanas. Desde pequeña vio como sus padres se dedicaban a trabajar en la fábrica “Nestle”. Alguna de sus hermanas se dedicaban a trabajar en esta fábrica, las demás trabajaban como amas de casa y ella durante un tiempo trabajó en tiendas de productor congelados.
Cuando se casó, su marido trabajaba en un hospital como celador y decidieron tener un hijo. Entonces ella se dedicó a cuidar de su hijo y del hogar.
Desde entonces María José se dedica a ser ama de casa, entre sus tareas están: hacer la compra todos los días, cocinar, mantener la casa limpia, llevar la economía familiar y entre otras cosas educar a su hijo cuando era pequeño.


Título

Zoila Santiago García é cunicultora, empegada do fogar, agricultora, coidadora de persoas maiores, traballadora dunha fábrica de conservas, ama de casa e vendedora de produtos do campo no mercado.

 

Alberte Carballo Fernández · 6 febrero 2020 16:40


Foto coa persoa entrevistada

Idade
67

Historia
Zoila Santiago García naceu o 31 de maio de 1952 nunha vila galega chamada Muros, era a séptima de dez irmáns, catro homes e seis mulleres. Foi a escola ate os doce anos completando a educación básica da época.
Durante a súa vida tivo numerosos traballos.
A súa familia adicábase á agricultura, e xa dende pequena ía vender os excedentes de leite, ovos e productos cultivados da casa no mercado do pobo. É unha cousa que facía tanto na súa casa, antes de casar, como na do seu marido, despois de casar. Sempre compaxinou este oficio cos seus outros traballos ata que comezou a ter fillos.
Traballou durante dous anos nunha fábrica de conservas en Muros, xa que daquela na zona había moitas conserveras e moitas persoas novas ían a traballar alí, fundamentalmente mulleres, xa que os homes ocupaban cargos máis altos.
Con 21 anos casou,e foi vivir á casa do seu marido con él e os seus pais. Alí, igual que na súa casa, axudaba nas labores do campo ó meu bisavó. Cando volvía, axudaba na casa en todo o que puidera menos en facer a comida, que era labor da miña bisavoa. Dende que morreron os pais do meu avó, encárgase de todas as tarefas da casa, aínda que agora con axuda dos meus tíos e das miñas primas. Todas estas tarefas non son remuneradas.
No 1987 decidiu montar unha granxa de coellos en Rebordelo. Era totalmente súa, facía todo ela: alimentar ós coellos, vendelos, cruzalos, vacinalos, limpar a granxa… Os días de calor, tiña que estar moi pendente deles, xa que co calor podían morrer. Estaba todo o día dándolles mangueirazos para que non lles dese un golpe de calor. Despois de cinco anos, tivo que pechar a granxa porque o coello pagábase moi mal. Durante esta época si que obtiña un beneficio da venta dos coellos, e testa tarefa axudáballe o avó cando podía, xa que él era carpintero e traballaba fora da casa.
Despois desto, traballou durante sete anos en varias casas de Muros como empregada do fogar, limpándoas e ordenandoas.
Cando os pais do meu avó enfermaron, miña avoa fíxose totalmente cargo de eles. Era a que se quedaba con eles no hospital, a que lles daba as medicinas e a que os coidaba na casa ata que faleceron.
Durante todo este tempo estivo dada de alta na Seguridade Social, polo que na actualidade está xubilada e cobra unha pensión.
En resumo, aínda que ó longo da súa vida realizou no fogar e en relación coa familia as actividades que naquela época eran propias das mulleres, tamén en diferentes etapas puido ter empregos remunerados tanto en empresas (conservera) como traballando para outras persoas (empregadad de fogar), e mesmo creou a súa propia actividade gandeira (granxa de coellos), e sempre se preocupou de pagar o que lle correspondía da seguridade social para poder ter os seus propios ingresos e unha vida mellor cando lle chegase o momento da xubilación.


Título

Maria Alfonsín Pardal. Gandeira

 

Raúl Figueira Jamardo · 29 enero 2020 18:14


Idade
75

Historia
A miña avoa María díxome que non podía estudar e que tubo quedar na casa para axudar aos meus bisavós cas vacas, etc. Cando se casou co meu avó quedaron na casa da miña avoa para continuar coas vacas. Mentres meu avó ía á leira con outros veciños, miña avoa quedaba na casa coidando dos meus bisavós, limpando a casa e facendo de comer. O que se refire ó campo, as mulleres só acudian cando eran grandes traballos como: coller o millo, coller as patacas e gardar as alpacas. Antes facíanse moitas cousas a man e os primeiros tractores que chegaron á aldea foron moi útiles, debido ao prezo o que se vendian tiñan que mercalo entre tres ou incluso catro casas, aínda hoxe teñen os tractores, e o que compartían os meus avós e o segundo mas vello da aldea. Os meus avós levantáronse cedo para levar as vacas á leira, os domingos tiñan que madrugar máis porque ían á misa, a tardiña ian vuscalas, acomeralas e muxilas para vender o leite. Entón tiveron unha explotación gandeira de 20 vacas pero agora teñen 4 vacas para o básico.


Título

María de la Paz Lamela Leía é ama de casa.

 

Fabián Fernández Fernández · 5 febrero 2020 20:00


Foto coa persoa entrevistada

Idade
75

Historia
Mª de la Paz Lamela Leis, a miña avoa, naceu o 10 de xaneiro de 1945 na vila de Muros, A Coruña. Filla dunha ama de casa, Adelaida Mª de la Paz Leis Lestón e un mariñeiro, Antonio Lamela Formoso. É a terceira de catro irmáns. Aos 25 anos casou con Mateo Fernández Martínez e froito deste matrimonio naceron tres fillos. A súa infancia transcorreu en Muros, na aldea de Baño, onde foi unha nena feliz e inqueda ata que a desgraza chegou á súa familia coa morte do seu irmán nun tráxico accidente cando apenas tiña 17 anos. Este suceso golpeou duramente a toda a familia, especialmente á súa nai, polo que a partir dese intre nada foi o mesmo no seu fogar. E este golpe do destino é o punto de partida que marcaría o traballo de ama de casa da miña avoa ao longo da súa vida.
Cursou os estudos primarios en Noia, nun colexio de monxas. Durante estes anos viviu cunha tía materna, e deles conserva unha grata lembranza. Unha vez finalizados volveu ao fogar familiar onde dende ben pequena desempeñou todo tipo de tarefas relacionadas co fogar, traballos que a diferenza de hoxe non resultaban tan doados porque a tecnoloxía daquela era moi escasa; non había cousas que hoxe en día son indispensables coma unha lavadora, secadora, etc, polo que había que ir ao río a lavar a roupa, transportala, que era outro duro traballo, tendela, ademais de cociñar para moitas persoas, carrexar leña para quentar as casas e as cociñas, e unha morea de labores esgotadores que lles correspondían ás mulleres polo simple feito de selo. Traballo de luns a domingo, sen descanso, sen compensación económica pero o máis inxusto de todo, sen recoñecemento.
Tras casar e formar a súa propia familia seguiu dedicando a súa vida aos seus, traballando de ama de casa, criando os fillos e coidando os seus pais xa maiores. O seu pai morreu novo pero a súa nai padeceu durante varios anos a enfermidade do Alzheimer, polo que requiriu un coidado especial e permanente durante longo tempo, con moita dedicación e constancia, ata que finou .
Actualmente ten un único neto, que son eu, e segue dedicando a súa vida a facérnola máis fácil aos que temos a sorte de tela preto. O meu máximo e fervente recoñecemento para ela, a miña heroína.


Título

Patricia Forján Mosquera, administrativa compañía aérea.

 

Paula López Forján · 11 noviembre 2022 17:48


Idade
47

Historia
Miña nai estudiou unha carreira universitaria. Foi a primeira persoa da sua familia en conseguilo. Comezou a traballar como azafata de congresos no verán. A continuación foi empregada como administrativa dunha tenda en Santiago.Durante 6 anos compaxinou 2 traballos: seguía na tenda e tamén nunha compañía aérea. Despois de terme a min (a segunda filla) deixou un dos traballos. Miña nai é moi traballadora porque durante 6 anos coidou da miña irmá maior e traballaba en dous sitios a vez.