Geography and History of Ames

Imaxes e palabras « Atrás    

Título da fotografía

O dia de veran do 92 en familia

 

Estela Vigo López · 5 octubre 2023 20:47


Fotografía

Explicación da fotografía
Foi o 21 de xulio do 92 nesa epoca era moi dificil que poideran ir a praia xa que tiñan moitos animais en casa e tareas q facer. Polo que cando iban; iban cedo comian ali e pasaban a tarde na praia.
Ese dia foran a praia do Vilar en Ribeira.
iba case toda a familia Jesús(o meu pai),Milagros(a miña avoa),Constante(o meu avó) e Francisco(o primo de papa).

Os avos e papa vivian nunha aldea chamada San paio ao lado do aeroporto de Santiago de Compostela, e Francisco vivia en Ribeira.


Título da fotografía

A SÁTIRA E O HUMOR RETORNAN A RÚA

 

Iago Álvarez Gómez · 26 octubre 2022 16:54


Fotografía

Explicación da fotografía
Esta foto é dos anos 70 na celebración do Enterro da Sardiña en Viveiro. Aparece meu avó e miña nai.
O Enterro da Sardiña é característico do Entroido de Viveiro; é unha sátira dun funeral cristiá e no que os participantes levan posto sábanas brancas. Este atuendo é unha seña de identidade única; pois no resto de enterros é de cor negro. Esta festividade era unha xuntanza colectiva en contra da orde do momento; logo da Cuaresma na que se prohibía comer carne e outros excesos, o Entroido pasou a ser un momento de excesos. Documéntase a finais do s. XIX. Celébrase o mércores de cinza. Comentaba o meu avó, que durante a dictadura franquista, todos estos actos estaban prohibidos, pero nesta vila chegaron a un pacto coa Igrexa e a Garda Civil para poder seguir celebrándoo sempre coa condición de que non aparecese ningún contido anticlerical e antimilitar nas sátiras. Ésto non foi así, e as autoridades do momento, prohibíronno e os viveirensen tiveron que restrinxir esta celebración a sitios privados como o “Casino” de Viveiro.
Nos anos sesenta, a burguesía local chegou de novo a un “acordo”,e volvían a comprometerse a non aquelas sátiras, así como a non saír á rúa con máscaras que cubrirán a cara. Neste momento, volveu a saír o enterro da Sardiña en Viveiro e contan os vellos que foi o primeiro lugar no que volveu esta celebración á rúa.


Título da fotografía

Unha viaxe de ida e volta

 

irene conde moure · 5 noviembre 2024 17:37


Fotografía

Explicación da fotografía
Esa foto é do ano 1960. Nela atópase o meu avó Manuel (que é o do medio da fila de atrás) cuns compañeiros de traballo nun estaleiro onde traballaba na cidade alemá de Emdem.
Meu avó, como moitos galegos nesa época, veuse forzado a emigrar. El era o maior de nove irmáns, fillo de labregos e cunha situación económica moi precaria.
Dado que en Galicia nese momento non había moitas oportunidades laborais, decidiu emigrar a Alemaña, onde estivo dez anos traballando nese estaleiro construíndo grandes buques.
Meu avó conta sempre que alí o trataron moi ben, e que a pesar do duro traballo foron anos bos. Emigrou sen sequera coñecer algo do idioma, pero pouco a pouco foi aprendendo algo de alemán para irse defendendo. Aínda hoxe en día, tantos anos despois, é capaz de recordar moitas frases nese idioma.
A pesares de estarse adaptando ao país e ao idioma, tiña claro que quería voltar a Galicia a súa aldea que se chama Xermán. Despois destes dez anos e con algúns cartos aforrados retornou, onde se casou coa miña avoa Lola, a quen sempre lle escribía con añoranza e así pudo comezar aquí unha nova vida.


Título da fotografía

Viaje hacia un pasado sin vías.

 

Bruno Vázquez Pérez · 17 octubre 2021 16:46


Fotografía

Autor/a, relación contigo, data e lugar da foto
Las dos personas de la imagen son mi abuela Purificación y mi tío José. La fotografía fue sacada el 7 de abril de 1968, en el municipio de Teo, A Coruña, concretamente en lo que unos años después se convertiría en la estacion de tren de Osebe.

Explicación da fotografía
Esta fotografía muestra cómo era la estación de tren de Osebe hace 50 años, cuando estaba en proceso de construccion. Esta foto fue tomada el 7 de abril del 1968 y los integrantes son mi abuela y mi tío. En el fondo de la imagen se puede observar el edificio principal de la estación, sin embargo aún no estaban construidas las vías del tren ni la pasarela que las cruza por encima. En lugar de esto podemos observar grandes terreno de campo y fincas privadas. A día de hoy en el lugar donde se encuentran mis familiares está edificada una casa, por lo que podemos ver que el paisaje ha cambiado drásticamente en su totalidad. La única similitud que existe entre hace 50 años y hoy es ese edifico principal que se observa a lo lejos y que en este momento es una parada de diversos trenes que pasan a diario.


Título da fotografía

A felicidade na caza

 

Alex García Camiño · 17 octubre 2024 15:38


Fotografía

Explicación da fotografía
Aparte do que é a foto, podemos ver que arriba desta está antiga escopeta de meu avó ca que sempre iba a cazar. A foto foi tomada por niña avoa, e nela fotografía a meu pai cando era un neno pequeño de aproximadamente uns cinco anos, e a meu avó, que daquela tería uns corenta anos aproximadamente. Os dous están cun coello n aman, un cada un, e polo que me contaron cando iban cazar e traían animais sempre volvían bastante satisfeitos. Vemos que as vestimentas por exemplo eran moito máis clásicas, sen cores extravagantes, sen cortes atrevidos e sen moitas florituras. Eran cores ou escuras ou brancas e trataban de umplir a súa función. Tamén podemos ver que meu avó portaba u cinturón cos cartuchos das escopetas, cos cales iba recargando a súa arma. Atrás deles vemos una cocina de leña, a cal era moi común hai uns cincuenta anos. A día de hoxe esa cocina inda segue na niña casa. O nome de meu pai é José Manuel, e o de meu avó era Manuel. Meu avó faleceu no ano 2007, dende entón meu pai deixou de cazar. Disfrutaba moito saíndo a cazar con meu avó na súa xuventude. A pesar de non teren tantas cousas como temos hoxe en día, eran máis felices incluso que na actualidade.