Geography and History of Ames

Recreando a arte moderna « Atrás    

Nome da obra
Santas Justa y Rufina
 

Carla Álvarez Juncal · 1 abril 2019 20:21


Nome do autor ou autora
Bartolomé Esteban Murillo

Data da obra
1665-1666

Obra orixinal

Recreación da obra

Explicación da obra
No 1665, Murillo recibiu o encargo de decorar a igrexa do Convento dos Capuchinos de Sevilla e no primer corpo do maior retablo, pintou as Santas Justa e Rufina xa que esa igrexa estaba no lugar onde foran martirizadas.
Elas eran dúas irmás, fillas dun pobre alfareiro e é por iso que no chan, aínda que non se ven, aparecen a súas vaixelas aludindo á venta de cerámica que realizaban.
A torre que están suxeitando é un obxecto importante xa que está pintada con máis luz e encontrase no centro. Esta é a torre do campanario de Sevilla e pensaban que foi un milagro que nun gran terremoto non se derrubara, por iso se lle fixo ese recoñecemento. Tamén sosteñen unhas palmas cada unha, onde a que sostén a santa da esquerda está máis iluminada ca outra e está simbolizando a súa morte por martirio. As santas están representadas por dúas mozas cunha pel lisa situadas nun fondo máis escuro ca elas, de maneira frontal e cuns tons verdes, ocres e vermellos que acentúan a súa cara e a súa beleza.

Explicación da recreación
Nós o que fixemos foi colocarnos de pé nunha parede totalmente branca.
Carla fixo de Santa Justa que é a muller que aparece na esquerda da foto. Ela colocouse unha toalla branca na cabeza e un pendente vermello na orella dereita. Tamén se puxo unha blusa de manga larga, unha saia longa branca e colocou un fular amarelo arredor da cintura para simbolizar a manta que ten a muller da foto orixinal. A Santa, no brazo dereito, ten una tea rosa entón Carla enrolou no mesmo brazo un fular rosa. Nese mesmo brazo suxeita unha rama de giralda pero como non tiñamos, decidimos coller unha folla dunha planta. Ela está co corpo un pouco xirado cara Laura pero mirando para enfronte.
Laura fixo de Santa Rufina que é a muller da dereita da foto. Ela tamén se colocou unha toalla branca na cabeza e se puxo unha camiseta azul por debaixo dun xersei verde. Arredor da cintura, ten unha manta grande vermella como a da imaxe orixinal. Ela, na man dereita, tamén suxeita unha folla dunha planta e o seu xesto é como xirando a cabeza un pouco de lado e mirando cara arriba.
Xa que non tiñamos esa estrutura, puxemos a parte de arriba da caixa dun puzzle na que aparece esa mesma torre e Carla suxéitaa coas dúas mans e Laura só ca esquerda.


Nome da obra
Mujeres en la ventana
 

Carla Cantelar Ces · 9 abril 2019 21:08


Nome do autor ou autora
Bartolomé Esteban Murillo

Data da obra
1665-1675

Obra orixinal

Recreación da obra

Explicación da obra
É unha obra barroca (sevillana).
Do punto de vista temático, certos expertos tamén identifican dita obra coma "As Galegas", é dicir, duas mulleres da pobre e miserable Galicia que van a Sevilla a traballar coma prostitutas. Estas hipóteses relaciónanse co sorriso que ambas mostran, ademais do escote.
Dende o punto de vista técnico emprégase a técnica do óleo, ademáis do craro-escuro que se observa no fondo.

Explicación da recreación
Para recrear esta foto eliximos unha ventana dunha casa na que non dera o sol de fronte para que así se creara o claroescuro, que é unha gran característica, e como non quedaba demasiado escuro o fondo decidimos escurecelo mediante Photoshop.
Para a roupa collemos unha sábana que nos valeu como tela para cubrir o pelo máis unha camisa branca (vestimenta Ana).
Para a vestimenta de Carla collemos unha camisa que ainda que ten unha cor granate, ten as mangas baixadas que foi no que máis nos fijamos ao escoller esta prenda.
Logo para a foto en sí miramos tanto as expresións da cara como a posición corporal para poder facer a foto o máis realista que puidésemos, Ana salía menos no plano e Carla salía no medio do plano polo que a cámara enfocou menos a Ana que a Carla por esta situación.


Nome da obra
Martha and Mary Magdalene
 

Candela Casal Veiga, Nerea González Carnero · 29 marzo 2019 16:51


Nome do autor ou autora
Michelangelo Merisi da Caravaggio

Data da obra
1598

Obra orixinal

Recreación da obra

Explicación da obra
Neste cadro, alguns dos obxectos máis importantes son os vestidos e peinados tan elaborados, xa que no barroco vestían prendas así. Tamén chaman a atención o espello e a flor. Estes materiais, están ahí para axudar a expresar o cadro. O pintor quería representar o que está a dicir Santa Marta, o engreida que era Santa María Magdalena, e con estes obxectos representa a vanidade feminina.

Explicación da recreación
O cadro de Caravaggio, usa unha das tecnicas do barroco, o claro escuro. Podese observar na cara da que está de pé máis iluminación, xa que se quería destacar máis. Tamén, hai un foco de luz no ombro da que está sentada. Nos fixemos a foto nun lugar escuro, e como única iluminación tiñamos esos dous puntos. Respecto ao espello, como non tiñamos un, collemos un globo terraquio, puxemoslle unha camiseta de cor negra, e con enfectos intentamos facer unha especie de marco.


Nome da obra
La joven de la perla
 

Ana Beiroa Ons · 9 abril 2019 20:31


Nome do autor ou autora
Johannes Vermeer

Data da obra
1665-1667

Obra orixinal

Recreación da obra

Explicación da obra
A obra pertence á arte barroca.
Dende o punto de vista temático determínanse varias hipóteses sobre a descoñecida identidade da xoven. Certos historiadores identifícana coma unha modelo contratada mentres que outros pensan que, como Vermeer tiña traballadoras na súa casa, ésta era unha delas que posou coma unha modelo.
Dende o punto de vista técnico, éste óleo sobre lienzo emprega a técnica barroca do craro escuro marcada na silueta da fermosa xoven sobre o fondo negro neutro, destacando a luz no rostro da xoven e especialmente no seu brillante pendente, unha perla en forma de bágoa.

Explicación da recreación
Para recrear a obra levamos a cabo os seguintes procesos:
Para empezar buscamos un lugar que estivera escuro, é dicir, un espazo no que ao colocarme para sacar a foto quedara escuro coma no cadro, para recrear así o craro escuro. Intentámolo baixando a persiana da ventá pero ainda así quedaba algo craro polo que decidimos colgar unha chaqueta de cor escura na ventá para dar a impresión buscada. Cando tiñamos a foto decatámonos de que a pose estaba moi ben conseguida, mais o craro escuro seguía sen notarse polo que empregamos Photoshop sobre a fotografía.
Falando dos accesorios, debido a complexidade de recreación do turbante que leva na cabeza, empregamos unha toalla de cor azul que atamos á altura da nuca e logo puxemos un fular amarelo con flores por riba, de forma que se ve o azul mailo amarelo; este turbante colocámolo de forma que tapara a maior cantidade de pelo como na obra. Logo, Ana puxo o pendente de perla para recrear o elemento máis simbólico da obra.
En canto á vestimenta, para recrear a chaqueta de cor beige, Ana empregou un xersei da mesma cor; ao non ter un cuello branco que sobresaíse decidimos poñer unha camiseta branca por debaixo que podemos observar na recreación.
Para a maquillaxe soamente empregamos unha cor vermella nos labios para igualalos aos que leva a moza na obra orixinal.
Finalmente para a pose, Ana púxose de perfil, inclinando lixeiramente a cabeza e mirando á cámara, cos labios algo entreabertos.


Nome da obra
David con la cabeza de Goliat.
 

Enrique Martínez Vieites, Joel López Palacios · 7 abril 2019 18:23


Nome do autor ou autora
Caravaggio.

Data da obra
1607

Obra orixinal

Recreación da obra

Explicación da obra
A veces el débil puede ganar la batalla al más poderoso. En este caso Goliat es el gigante y fuerte y David, un pastor que se ofreció a luchar sin escudo, sólo con su única arma artesanal que, aunque muchos creían que era muy poco poderosa, simplemente le hizo falta usar una de las cinco piedras que almacenaba para darle a Goliat en la cabeza, y así pudo coger el arma del gigante para cortarle la cabeza(que es lo que aparece en el cuadro).


Explicación da recreación
-Vestimenta de Joel: camisa vella, saco recheo de algodón cun cordel atado á cintura ,pantalón vello ca cremalleira desabrochada e unha espada de plástico.
-Vestimenta de Kike: Peluca negra e maquillaxe de barba, bigote e unicello.
Sacamos a foto nun espacio con pouca luz ,tivemos que recortar a imaxe para que non se visen diferentes cores.