Geography and History of Ames

Historias do confinamento « Atrás    

Título

O mundo tras o cristal

 

Celia Corral Noguera · 27 mayo 2020 17:31


Eu durante o confinamento

A miña historia do confinamento
Sen dúbida, o peor do confinamento foi o vivir nunha incerteza tan longa. Cada día era igual que o anterior. Foi todo moi agobiante, sobre todo as tres primeiras semanas. Eu trataba de buscar cousas que facer: lía, tocaba a guitarra e o piano, aprendín baile galego e a tocar a pandeireta, compuxen cancións, escribín poesía, xoguei ás cartas cos meus pais... pero costoume adaptarme ó cambio de estar todos os días indo ó instituto, logo conservatorio, quedar coas miñas amigas a, de súpeto, estar na casa, no meu caso, un piso pequeno. Si que é verdade que agora, que todo parece estar voltando pouco a pouco á normalidade, miro cara atrás e penso "bueno, non foi para tanto". Pero no momento si que foi complicado. Nos periódicos soamente alargaban o estado de alarma dúas semanas máis, e máis... non parecía asomarse a luz do túnel, ou polo menos, semellaba moi moi lonxe. Houbo momentos nos que non me encontraba con ganas de facer nada, pois dábame a impresión de que estaba perdendo momentos e oportunidades na miña vida. Estaba perdendo medio curso escolar, tempo de ver á miña familia, ós meus seres queridos...

Mais agora todo está algo mellor. Podo ver ós meus amigos, saír a pasear cos meus pais, ver algo máis que non sexan catro paredes brancas. O alivio é notable.

A miña historia do confinamento en vídeo


Título

Unha parada no tempo

 

Fabián Fernández Fernández · 22 mayo 2020 15:49


Eu durante o confinamento

A miña historia do confinamento
Todo comezaba o 12 de marzo deste ano. Un xoves rutinario acudía ao instituto en plena efervescencia de exames do segundo trimestre do curso, co estrés e cansazo que iso supón para nós, cando ao longo da mañá nos avisaban de que suspendían as clases e nos comentaban o motivo. É certo que non me collía de novas, algo sabía do tema aínda que tampouco demasiado. Na casa oíralles falar algo aos meus pais sobre un virus orixinado en China, na cidade de Wuhan, e do cal tamén estaban a falar moito nos medios de comunicación; vendo todo que veu despois. Ese famoso xoves en que todo mudou para a poboación mundial, puiden decatarme de que a cousa debía ser importante e seria, non sabía a magnitude porque, iluso de min, o que pensei primeiramente foi no alivio de poder adiar os exames, que eran moitos e moi seguidos, e poder descansar uns días. Quen ía pensar no que viría despois! Quen me ía dicir que ese día ía ser crucial para todos, algo histórico e que suporía unha parada tan brutal nas nosas vidas! Así foi como comezou a historia do meu confinamento fomos cómplices da mesma causa.
Todo era incerto e esa foi a medida inicial, que co paso do tempo se iría alongando ante o estupor e desconcerto colectivo. Do día para a mañá, e de forma fulminante, as nosas rutinas xa non eran rutinas; comezaron a poñernos os pés na terra e comezamos a familiarizarnos con palabras, siglas e acrónimos novos no noso vocabulario habitual coma: confinamento, corentena, coronavirus, pandemia, patoloxías, COVID-19, ERTE, PCR, etc., un sinfín de vocabulario extra para todxs que en breve se ía converter en algo cotián.
Teño que recoñecer, que moi a pesar de que traxicamente esta pandemia se cobrou tantas vidas, levei este encerro con bastante temperanza e afouteza. Intentei protexerme e non pensar demasiado no futuro. Supoño que axudou moito, no meu caso, poder estar confinado as vintecatro horas cos meus país. Xuntos marcamos unha rutina para ter a mente ocupada. A verdade, levámolo ben e considero que as circunstancias non se elixen pero si a actitude que temos ante elas. Certamente houbo momentos de agobio, sobre todo ao comezo. As obrigas académicas acapararon moito tempo. Polas mañás asistindo a algunhas conexións cos profes, a realizar todo tipo de traballos das distintas materias e tamén atendendo, a través dunha plataforma dixital ás clases de inglés. Unhas conexións que, neste caso, me resultaron moi amenas. Precisamente por este motivo elixín como retrato representativo deste período de confinamento, eu fronte a un ordenador porque pasei gran parte do tempo fronte a el, tanto por traballo como por lecer. Esta foi unha das miñas vías de escape, permitiume manter o contacto cos amigos, cos compañeiros e os profesores, e por suposto coa familia. Unha ventá ao mundo importante e necesaria para o ser humano neste período de encerro e o noso refuxio e salvación nestes duros momentos.
Desde logo, a nivel persoal, deste proceso quero salvar toda esa parte positiva. Deime conta de que, incluso dunha situación tan dramática, pódense extraer cousas boas e enriquecedoras a nivel humano. Tamén me serviu para estreitar os vínculos cos amigos e valorar a importancia que teñen na miña vida. Houbo moitos días que nos daban as tantas xogando a videoxogos, facendo videochamadas ou falando da nosa vida. Será algo que quedará aí para sempre entre os meus intres especiais. Ao mesmo que cos amigos tamén puiden desfrutar máis tempo e de máis calidade dos meus pais e valorar o moito que quero aos meus avós, e eles a min. Ese tempo tan valioso que nos permitiu compartir tantas cousas: conversas, deporte, desfrutar dunha película, cociñar, traballar, xogar e como non, tamén discutir e aguantarnos.
En resumo, do que me decatei é do bonita que é a vida se a sabemos vivir, a natureza e todo o que nos rodea aí fóra. Todas esas pequenas cousas da vida que case nos pasan desapercibidas nun día calquera pero que ao final son as máis grandes para o ser humano.

A miña historia do confinamento en vídeo


Título

Un virus monárquico

 

Lorena Viñas Lafuente · 29 mayo 2020 17:07


Eu durante o confinamento

A miña historia do confinamento
Cando escoitei falar por primeira vez do Covid 19 non me pareceu grave, xa que cría que sería algo que pasaría rápido. Todos os días miraba as noticias, e o rango de infectados, e o número de estos aumentaba moito. Pouco a pouco funme dando conta de que non era ningunha broma, mais tampouco lle din gran importancia ao asunto, porque cría que non ía chegar a España.

Co paso do tempo chegou a Italia, a Francia, e , a España. Foi neste momento no que me percatei de que realmente estaba pasando algo perigoso, e nunca visto polos meus ollos. Comezou a morrer moitísima xente, e mesmo despois se descubriu que os datos dos falecidos e contaxiados non eran os reias, senón que había moitísimos máis.

Seguramente todo este rebumbio non houbese pasado se esta pandemia ocorrese nos países subdesenvolvidos, porque non importaría tanto se morrese a xente dos países con menos cartos, que se morresen os dos países cun bo nivel económico, dos que se poden aproveitar recursos.

O meu día a día de confinamento foi variando un pouco dependendo do día que fixese fóra. Pola mañá dedícome a facer as tareas escolares, e se teño tempo axudo á miña nai a facer o xantar. Pola tarde saio un anaco cos cans e coa miña familia ao xardín, e despois sigo facendo tarefas escolares. Se vexo que non estou moi apurada debuxo algo, ou falo cos amigos despois da merenda, e senón sigo cos deberes. Estas semanas a verdade é que está a facer moi bo tempo, polo que optei por saír ao xardín a facer deberes. Resultoume bastante relaxante, e é máis levadeiro aínda que esteas a facer a mesma cantidade de traballo que pechada dentro da casa. Eu traballo máis e mellor sabendo que teño que acabar "x" traballo para poder facer o que me gusta, polo que é polas noites cando xogo á play cos meus amigos, coma se fose unha autorrecompensa, porque senón, traballar sen obter ningún "premio" instantáneo as veces desmotiva.

A verdade é que na miña familia non deu tempo ao aborrecemento, porque meu irmán está nas mesmas ca min, e meus pais non pararon nin un minuto arranxando cousas da casa ou facendo actividades de lecer.

Cando xa nos permitiron saír por franxas horarias a verdade é que saín unha vez a pasear coa familia, pero ao ter xardín nin se quera me parecía necesario saír, é máis, co traballo que temos, nin sequera me da tempo a aborrecer, polo que saír non é algo que pida a berros.

Esta semana, que entramos na fase tres, quedei por primeira vez cunha amiga, e a verdade é que pola rúa víanse rapaces de nosa idade que non levaban as mascarillas, o que non me pareceu correcto pola súa parte, mais, nas tendas si teñen un bo nivel hixiénico.

Na miña fotografía do confinamento incluín uns zapatos de cada membro da miña familia na súa representación, xa que son unha gran parte da miña vida, e máis nestes tempos nos que estamos todo o día xuntos. Tamén incluín algúns dos debuxos que fixen durante este tempo (sobre todo na Semana Santa), xa que debuxar é unha actividade que me relaxa, e que realmente me gusta. Por outra banda, tamén saquei a foto cos meus cans, porque este tempo estiven moito con eles, e son unha gran alegría para min. O que si que non podería faltar nesta fotografía son os cadernos da escola (cunhas flores enriba, representando a natureza), porque gran parte do tempo o paso coas tarefas escolares. O paquete de panos que aparecen na imaxe representa que na cuarentena os panos foron uns obxectos moi presentes no día a día, xa que pola alerxia estiven todo o tempo estornudando. No centro da foto puxen o meu mando da PS4, porque polas noites xogo cos meus amigos (Ari, Pedro...) e co meu irmán ao Fortnite. Este xogo permite a comunicación a viva voz, e agrada escoitar de novo a xente que está tan lonxana a ti, pero ao mesmo tempo tan cerca. Tamén grazas a esto puiden coñecer a rapaces doutras comunidades e países. Tamén engadín o móvil porque tanto para os estudos como para o lecer é algo imprescindible.

A miña historia do confinamento en vídeo


Título

La lucha contra un enemigo diferente.

 

Nuria Iglesias Couto · 27 mayo 2020 10:17


Eu durante o confinamento

A miña historia do confinamento
Cuando la pandemia empezó en Wuhan no le di mucha importancia, pensaba que era una enfermedad que a nosotros no nos iba afectar, hasta que vi que Italia también estaba pasando por la misma situación que Wuhan. Ahí entendí que lo más posible era que nosotros también tuviéramos que pasar por esta pandemia y que muchas personas morían a causa de ella.

La pandemia lo llevé lo mejor posible, excepto por el hecho de no poder ver a mis familiares y a mis amigos, eso era lo que más me costaba. Al principio era raro no poder salir a la calle, pero después lo fui asimilando poco a poco. Yo tengo la suerte de tener un pequeño jardín para poder seguir disfrutando del sol y para poder jugar con mis perros.

Mis perros fueron uno de mis grandes apoyos en la pandemia, me encanta jugar con ellos. Creo que sin su cariño la pandemia sería mucho más dura para mi.

En la pandemia otra de las cosas que me encantaba hacer era empezar a ver una serie o una película. Era una de las cosas que más hacía y sigo haciendo el día de hoy. Me encanta tumbarme encima de mi cama con unas palomitas y empezar a ver mi serie favorita o alguna película.

Y, sin duda, mis amigas han estado conmigo toda la pandemia. Son muy importantes para mi. Siempre que puedo hago una videollamada con ellas, y me lo paso genial. Estoy deseando poder verlas otra vez e ir al cine. Y como mis amigas, también mi familia, que siempre estuvo conmigo todo el tiempo.

Pero una de las cosas más importantes de la pandemia para mí fue la música. Me ayudaba a desestresarme y a desconectar de todo. Una de las cosas que más disfrutaba haciendo era estar en mi habitación y poner mi tocadiscos a funcionar con algunas de mis canciones favoritas y bailar y cantar sin parar. Por eso en mi foto durante el confinamiento decidí salir con mi tocadiscos y con uno de mis vinilos favoritos.

A miña historia do confinamento en vídeo


Título

O ESPELLO

 

Uxía Fernández Blanco · 20 mayo 2020 10:59


Eu durante o confinamento

A miña historia do confinamento
Xa estamos a mediados de Maio, e parece mentira que todo isto comezara apenas dous meses. Este xiro de acontecementos que ninguen se esperaba que chegaran a pasar nalgun momento das nosas vidas. Para min esto comezou a principios de Marzo cando se empezou a falar pola televisión e nos periodicos que se espandira un virus por China, e como era de esperar ninguen creia que fose a chegar a España, pero chegou.
Ao principio eu levabao con calma xa que parecía unha gripe máis, pero a mediados de Marzo todo foi a peor, o número de contaxios iba aumentando día a día e cada vez había máis falecidos, non so xente maior se non tamen rapaces.
O Goberno decidiu poñer a toda España en Estado de Alarma e dicir que non se podia sair da casa so para urxencias e para facer a compra. As duas, tres primeiras semanas eu persoalmente levabao bastante mal, xa que son unha persona moi inquieta e estar todo o día sen poder facer nada era moi frustrante, pero ainda así ainda tiña esperanzas de poder volver a pisar as pistas de atletismo e poder adestrar para o Campeonato de España que estaba xa moi próximo. As miñas esperanzas remataron cando me chegou unha circular dicindo que se anulaban todas as competicions do 2020.
Quedabanme moitos días metida na casa así que decidín retomar clases de guitarra a través de YouTube, pouco a pouco volver a tocar a guitarra e escoitar música variada foime animando e funme coñecendo máis pouco a pouco ata que fun capaz de convivir conmigo mesma. Outra das cousas que máis me axudou foi facerme unha rutina para levar a cabo todos os días.
Por fin nos chegou o esperado 5 de Maio. o día no que os rapaces pudemos sair a rúa a facer deporte ou simplemente a pasear, pero claro, sempre nos noso horarios e con precaucións.
Foron pasando os días e parecia que depois de entrar na Fase 0 todo iba volvendo cara a realidade, pero os contaxios e as mortes nunca deixaron de estar. Pronto entramos na Fase 1, na que estamos agora, podemos ver aos nosos amigos e salir a dar un paseo con eles, unha das cousas que áis falta nos facian para poder enderezar as nosas formas de vida durante estes meses.
Os estudos sempre estiveron ahí, eu procuraba facer todo polas mañans para ter as tardes libres. E ainda me queda un pouco de esperanza para que o curso que ven sexa coma calquera outro ano no instituto.
Unha das persoas que fixo máis amena a miña cuarentena foi miña irmán, xa que ter alguén con quen falar ou xogar sempre axuda moito cando te sintes so.