Geography and History of Ames

Nin fadas nin princesas « Atrás    

Título

Esther Lopez Lopez é labrega

 

Antía Rodríguez Ínsua · 6 febrero 2020 19:32


Foto coa persoa entrevistada

Idade
73

Historia
Esther é unha muller de 73 que vive nunha pequena aldea do concello de Rois. Ela traballaba no campo xa dende pequena. Esther di que de pequena xa lle ensinaban labores de fogar mentres que aos seus irmáns non, e despois de vir da escola e facer o traballo no campo tiña que facer estas labores Ela conta que de pequena cando se botaba o millo que se labraba cun arado con vacas tiña que deixar de ir ao colexio para " chamar" as vacas, ainda que esto tamén o facian os seus irmáns. Como era muller a parte de ir ao campo tamén tiña que traballar na casa: limpando e cociñando, e cando tuvo fillos coidandoos, ademais recorda que as veces tiña que deixar a súa labor no campo para amamantar a os seus fillos, incluso algunha vez levounos a leira e daballes de comer alí. Toda esta situación viase como normal nesa época. A Esther gustaríalle poder ser modista aínda que non o puido lograr xa que como a súa familia se adicaba ao campo ela tiña que seguir exercendo esa profesión. Ela pensa que o seu traballo na casa debería estar recoñecido e aínda que tuvo un traballo remunerado, o campo, nel os homes facían o maís pesado,como andar ca maquinaria, e a muller o que non era tan pesado como sachar e as veces eles iban a leira e elas quedaban coidando os fillos ou facendo as labores do fogar e di que se alegra de que hoxe en día as mulleres poidan facer todos os traballos e recoñece que esta " discriminación" puido afectar na súa vida. Ela recorda que había diferencia entre as pensións dos homes e das mulleres xa que elas traballaban menos, e agora que está xubilada sente que non hai tanta diferenza e pensa que a súa vida laborar estuvo condicionada polo feito de ser muller. Ainda que xa non se adica ao campo ela segue tendo e coidando animais. A os mozos de hoxe en día recomendalle que estuden e sexan boas persoas ante todo. E está orgullosa de que a situación da muller mellorase e poidan facer todo tipo de traballlos e os homes fagan maís tarefas do fogar.


Título

Áurea Gómez García unha gran gandeira e agricultora.

 

Anxo Blanco Pazos · 5 febrero 2020 16:05


Foto coa persoa entrevistada

Idade
89

Historia
Áurea Gómez García naceu o 15 de xullo en Lamas - Ames no seo dunha familia de labregos. Seu pai Benedicto e súa nai Concepción. Ela foi a segunda de cinco irmáns, todas mulleres.
Áurea estudou ata os 14 anos. Gustáballe moito e dáballese ben e ainda se lembra de moitas das cousas que aprendeu como a táboa de multiplicar. Nestes 14 anos de escola tamén faltou moitos días para axudar nas tarefas do campo, por exemplo: cando había que sementar o millo.
Despois de ira a escola empezou a traballar no campo segando na herba ca gadaña e co fouciño. E foi collendo unha gran axilidade con eles. Áurea tamén facía traballos como o de alimentar o gando, ir ao monte a leña e ao toxo para estrar as vacas, labrar a terra coa legoña, co sacho ou co arado nas vacas...
Facendo os mesmos traballos caos homes e algúns máis como facer os rixóns e os chourizos na matanza que lle saían moi ben. Ainda que ela non se ocupaba de limpar a casa nin de facer a comida, xa que disto ocupábase súa nai. Tampouco se ocupou de coidar aos seus pais diso ocupouse súa irmán Carmen (miña avoa).
Áurea, miña tía avoa, é unha persoa orgullosa do seu traballo de agricultora e con el pudo xubilarse pero antes de tempo por problemas de saúde.
Ela pensa que o seu traballo estivo recoñecido aínda que lle provocase algunha doenza de costas.


Título

María Teresa Fernández Suárez é ama de casa

 

Inés Fernández Montañés · 3 febrero 2020 20:25


Foto coa persoa entrevistada

Idade
(no especificado)

Historia
Desde moi pequena a miña avoa traballou facendo o que podía para axudar na súa casa, limpando o que era capaz ou cociñando. Deixou a escola xunto coa súa irmá María del Carmen para axudar a sú nai co sustentamento do seu fogar, mentres o seu outro irmán varón, Esteban, cursaba os seus estudos e o meu bisavó, o home da casa, traballaba para manter á familia. A miña avoa casou aos 23 anos e independizouse xunto aos seus irmáns. O seu marido, Manuel, dedicouse a traballar nunha tenda no pobo castelán onde se situaran, Cistierna, e a miña avoa facía tarefas domésticas: lavar a roupa, cociñar, limpar, coser...

Xa nacida a súas primeiras fillas, María de los ángeles e Rocío, o meu avó herdou a Confitería Montañés, e comezou a dirixila e a traballar alí vendendo doces, mentres que a miña avoa traballou na confitería nun plano inferior, ás veces vendendo detrás do mostrador ou simplemente limpando ou recollendo encargos.
Coa chegada do seu tercer e último fillo, tamén chamado Manuel, a miña bisavoa instalouse na casa da miña avoa, xa que o seu marido morrera e non era independente debido ao Alzheimer que diagnosticáranlle recentemente. Así pois, a miña avoa, ademais de facer as tareas domésticas e coidando da súa nai ata que finalmente, uns anos depois, morreu.

Por aquel entonces, a súa confitería de León (xa que a orixinal situábase en Cistierna) estaba nun período de auxe económico, co que foron capaces de pagarlles a universidade aos seus fillos, e todos eles independizáronse ao acabar as súas respectivas carreiras. A miña nai conseguiu traballo en Galicia uns anos despois de que a miña tía marchara para alí coa mesma intención. O meu tió quedou en León. A miña avoa traballou un par de anos limpando pescado para gañar un beneficio extra, ata que xubilouse cando o seu marido morreu. Os anos seguintes dedicouse a viaxar e coñecer mundo ata que morreu, deixando ao seu paso unha historia de superación que da que envidiar.


Título

Josefa Cabanas Senín é limpadora

 

Lucía Rodríguez Lema · 7 febrero 2020 17:53


Foto coa persoa entrevistada

Idade
76

Historia
Josefa naceu en Santiago de Compostela, no barrio do Castiñeiriño, o 1 de xuño de 1944, nunha familia de doce irmáns. Quedou orfa de nai moi nova: tiña 17 anos. Xa que tiña irmáns máis pequenos ca ela, tivo que ocupar moitas veces o sitio da súa nai: facendo as tarefas da casa e coidando do seu pai, que caera enfermo. Cando os demais irmáns e irmás foron marchando do fogar familiar, ela viuse obrigada a permanecer co seu pai, ata que el faleceu. Era o que se esperaba dela, porque era a única que estaba solteira. Logo casou e tivo un fillo, e anos máis tarde tivo a oportunidade de desenvolver un traballo remunerado: foi limpadora no cine Metropol, e cando este pechou, traballou no despacho de billetes do cine Capitol, que agora é unha sala de concertos. Cóntame que cando era pequena non tiña ilusión por dedicarse a nada en concreto: o único método que podería ter para imaxinar como sería desempeñar unha determinada profesión era a través dos xoguetes, dos que carecía. Entretíase con bonecos que ela mesma facía. Tampouco os seus pais a animaban a ter un oficio.
Lembra que no cine non tiña compañeiros homes. Os únicos homes que había na empresa eran os xefes, os encargados da proxección das películas e o porteiro. Non tiña a posibilidade de formarse dentro da empresa para ter outra categoría laboral con mellores condicións. Non obstante, nunca se decatou destas diferenzas entre homes e mulleres na súa infancia, cando estudaba: no colexio estaban separados por sexos, e non se misturaban en ningunha clase, nin no patio do recreo.
A limpeza das salas era un traballo duro, que requería moito esforzo físico, xa que os chans estaban cubertos por moquetas e non tiñan aspiradora: facíano con vasoiras. Por iso, agora, sempre di que non soporta ver as cascas das pipas no chan, polos malos recordos que lle trae. Non hai moito tempo, operouse dun ombreiro por mor de ter unha lesión nos tendóns derivada dos constantes movementos do emprego dos utensilios de limpeza.
En xeral, o seu traballo non era valorado: a xente ía ao cine a desfrutar, pero non eran respectuosos e botaban o seu lixo ao chan. Sen que isto sexa un desculpa, era outra época, e o feito de comer pipas no cine era un hábito, e agora sería impensable. Ademais, había meses que realizaba ata vinte horas de máis, e cobrando o mesmo salario.
Traballar fóra da casa non supoñía non facer as tarefas propias do fogar, do que segue a encargarse a día de hoxe.
Desempeñou esa labor ata que cumpriu os 60 anos, que foi cando se trasladou a vivir a Bertamiráns, ao cesar a actividade nos cines.
Ata poder cobrar unha pensión por xubilación, estivo no paro loitando coas súas compañeiras para que a empresa non as destinara a outra cidade, Ferrol, Pontevedra ou Vigo, onde tiñan outros cines en funcionamento. Finalmente, indemnizáronas, porque para elas era moi difícil marchar a vivir lonxe das súas respectivas familias. De feito, a miña veciña tiña, daquela, ao marido cun principio dunha enfermidade dexenerativa, que cos anos se foi agravando. Na actualidade, cobra unha pensión exclusivamente polo traballo realizado durante máis de trinta anos.
O que máis lamenta na actualidade é non ter desfrutado da infancia do seu fillo, xa que traballaba todas as tardes de seis días da semana, de martes a domingo. Isto impediulle asistir a calquera actividade que organizaba o colexio do rapaz, ou estar con el para axudarlle coas tarefas da escola.
Aos mozos e mozas de agora dinos que valoremos e respectemos todo o que temos. Josefa está convencida de que leva mellor vida agora aos 76 anos que antes, cando era máis nova. A modo de curiosidade, coméntame que a súa casa era moi humilde, decorada unicamente cos mobles máis básicos (por exemplo, colchóns recheos de follas de millo), por iso agora, cando compra algo novo para o seu fogar, pasa horas mirándoo.


Título

María Elena Tojo Tojo era costureira.

 

Sara Casuso Mosquera · 5 febrero 2020 20:12


Foto coa persoa entrevistada

Idade
(no especificado)

Historia
Elena naceu no 1945 en Bastabales, Brión. Dende moi pequena aprendeu a coser grazas a axuda dunha veciña, practicaba facendolle roupa a unha boneca que tiña ela, cos trapos vellos que lle deixaba súa nai.
Ao voltar da escola, tiña que axudar a súa nai a limpar a casa e tender a roupa. E despois ía a casa da súa veciña a coser.
Súa nai coidaba do fogar e dos fillos, mentres que o seu pai traballaba nas leiras.
Ao cumplir os 12 anos, Elena empezou a coser en diferentes casas en Santiago de Compostela. Ía coa súa máquina de coser e a xente dáballe a cambio unhas moedas.
Cando tiña apenas 18 anos, Elena marchou a San Sebastián, País Vasco a traballar nunha fábrica cosendo roupa de bebés. Ao pasar uns anos, Elena decidiu volver a Galicia para estar coa súa familia.
Ós 21 anos, coñeceu a un home, Manuel, en Santiago e un ano despois decidiron casarse. Elena fixo o seu propio vestido de noiva. Ao casarse, decidiron ir a San Sebastián xa que a Manuel propoñéronlle un bo posto de traballo como albanel. Ao pouco tempo naceu a súa primeira filla, Elena, pero ao cumplir o ano, tiveron que voltar a Galicia xa que a súa filla padecía unha neumonía por culpa do exceso de contaminación do País Vasco.
Ao voltar a Galicia, fixeron unha casa en Calo, Teo. Alí tiveron dous fillos máis Marta e Miguel.
Elena decidiu seguir cosendo dende a súa casa, ademáis de ocuparse do fogar e dos seus tres fillos. A xente viña a súa casa coas teas para coser, e se sobraba algún anaco de tea, Elena facíalle roupa aos seus fillos.