Patio con(vida)

Botánica « Atrás    

Nome científico da planta

Trachycarpus fortunei

 

Celia Fuentes Fandiño · 7 febrero 2025 17:00


Familia da planta
Aracáceas

Nome común da planta
Palmeira de abano

Información destacada
A Palmeira de abano, tamén coñecida como Trachycarpus fortunei, é unha planta que aínda que aparentemente pareza tropical polas súas follas en forma de abano e aspecto éxotico, é ideal para os países mediterráneos pola súa alta resistencia ao frío e altas temperaturas. Pódese utilizar a fibra das follas para fabricar cestos ou alfombras, entre moitas actividades artesanais.

Información botánica da planta
Procedencia
Orixinaria da China central e oriental, cunha alta presenza nos países mediterráneos, pola súa boa resistencia ao frío e ás altas temperaturas. É común atopala en xardíns costeiros de Galicia.

Foi introducida en Europa a mediados do século XIX polo botánico Robert Fortune e chegará a Galicia a finais do século XIX ou comezos do XX, a través de sementes e plantas importadas para xardíns botánicos e pazos.

O motivo principal da súa introdución era decorativo, ao ser unha planta visiblemente exótica e, para algúns, bonita para poñer nas casas. Tamén poden ser usadas as fibras das follas para facer cordas ou cestos debido a súa forte resistencia.
Descrición xeral
É unha planta que pode alcanzar dende os oito a quince metros de altura. Ocupa bastante espazo polas súas follas grandes en forma de abano e ten un tronco moi groso.
Tronco ou talo
É un tronco ríxido e erguido, de cor marrón de diferentes tonalidades e rugoso. Pode chegar ata medir uns 15 metros de altura.
Folla
Ten as follas grandes divididas en seccións, de cor verde forte e o conxunto delas forma un abano, característica que fai que sexa distinguida facilmente.
Flor
A súa temporada de floreamento é en primaveira. As súas flores son pequenas e non son doadas de ver, de cor verde e amarela e saen entre as follas.
Froito
O froito da Trachycarpus fortunei é pequeno, redondeado e de cor negra, non é especialmente atractivo nin sabroso para os humanos, pero é consumido por algún animal.

A produción de froitos ocorre despois da floración, normalmente a finales de verán ou outono. Necesita o proceso de polinizació para producir froito, este proceso é facilitado por insectos que se achegan ás flores durante a primavera e principios do verán.

Información histórica sobre as plantas
Usos medicinais
Non atopei información.
Usos alimentarios
Non atopei información.
Usos funcionais
As fibras das follas son moi resistentes e usáronse tradicionalmente para fabricar cordas, cestos, alfombras e outros produtos artesanais. A madeira do tronco, pode empregarse en algúns traballos de carpintería para fabricar ferramentas simples ou pequenas estruturas.
Usos lúdicos
Non atopei información.
Usos rituais
Non atopei información.
Lendas, refráns e mitos
Non atopei información.
Historia da planta
Esta planta está relacionada cun personaxe histórico, o botánico Robert Fortune. Foi el quen introduciu esta planta en Europa. Viaxou a China para estudar a flora e a fauna do país, e foi responsable de traer diversas plantas exóticas.

Fontes secundarias empregadas
Wikipedia: https://gl.wikipedia.org/wiki/Palmeira_de_abano e https://es.wikipedia.org/wiki/Robert_Fortune#Algunas_publicaciones
acceso en ambos enlaces o día 07/02/2025.
Naturalista UY: https://www.naturalista.uy/taxa/64323-Trachycarpus-fortunei
acceso o día 07/02/2025.


Nome científico da planta

Xénero: Centaurea
Especie: Centaurea scabiosa

 

Icía Piñeiro Mansilla · 28 mayo 2021 16:02


Familia da planta
Compositas ou asteráceas

Nome común da planta
Herbanzolo

Fotografías da planta

Fotografías da planta

Fotografías da planta

Localización no mapa
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Sur do IESP de Ames Neste lugar encóntrase a padreira do instituto, na que podemos atopar moitas variadades, neste caso, tamén atopamos a Centaurea nigra 42,867323744 -8,659464854

Información histórica sobre as plantas
Usos medicinais
Posee o valor medicinal como hipoglucemiante (disminuye a cantidade de azucre na sange e na orina, polo que resulta útil aos diabéticos) e febrífuga, para iso utiíizanse as semillas e as raíces secas fervidas en auga. Tamén se usa como elemento decorativo en centros de flor seca.
Usos alimentarios
Non atopei información
Usos funcionais
Non atopei información
Usos lúdicos
Non atopei información
Usos rituais
Non atopei información
Lendas, refráns e mitos
Non atopei información
Historia da planta
O xénero Centaurea é grande e encontrase ben representado, especialmente ó rededor do Mediterráneo.
A Centaurea nigra chegou a Finlandia no siglo XIX, en depósitos de balasto en veleros, e propagouse terra adentro, tamén ten relación cas caravanas durante a guerra. Moitos de estos herbajes antiguos desapareceron.
As características principáis para identificar as especies do xénero Centaurea son a forma cor das puntas secas das brácteas involucrais do capítulo. A extensión escura do involucro da centaurea nigra ten lóbulos ciliados como os dentes dun peine.

Fontes secundarias empregadas
Para facer este traballo empreguei diferentes sitios "webs" como por exemplo; https://floradegalicia.wordpress.com/2019/06/11/centaurea-nigra/, https://es.wikipedia.org/wiki/Centaurea_nigra, https://plantassilvestresdeasturias.blogspot.com/2014/01/centaurea-nigra.html#:~:text=Como%20varias%20especies%20de%20su,ra%C3%ADces%20secas%20hervidas%20en%20agua. https://www.luontoportti.com/suomi/es/kukkakasvit/aciano-negro


Nome científico da planta

Rubus ulmifolius

 

Pablo Núñez Martínez · 29 enero 2021 17:51


Familia da planta
Primuláceas

Localización no mapa
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 IES de Ames 42,867132527 -8,659425547

Información histórica sobre as plantas
Usos medicinais
Úsase para tratar diarrea, hemorroides, inflamacións bucales ou de gorxa.
Usos alimentarios
Úsanse as follas, os brotes tenros e o froito para a alimentación animal maioritariamente de porcos e cabras. O seu froito tamén se utiliza para a pastelería e as veces viños e licores.
Usos funcionais
Do seu froito obteñense pigmentos. A casca dos talos úsase tamén para facer cestos e cordas. Outro uso pouco coñecido e ser substituto do tabaco.
Usos lúdicos
Non atopei información.
Usos rituais
Non atopei información.
Lendas, refráns e mitos
Non atopei información
Historia da planta
E unha planta moi coñecida dende a antiguedade sendo este tipo orixinal de Europa


Nome científico da planta

Salix viminalis.

 

Antón Abalo Santamaría · 7 febrero 2025 16:50


Familia da planta
Salicáceas.

Nome común da planta
- Correeiro.
-Vimbieira.
-Bringueiro.
-Mimbreiro.
-Trogalleiro

Información destacada
A vimbieira (Salix viminalis) é moito máis que unha simple árbore: foi clave na historia da medicina, xa que da súa casca extraíase a salicina, o principio natural da aspirina. Ademais, os seus flexibles vimbios levan séculos sendo usados en Galicia para a cestería, un oficio tradicional que pervive ata hoxe. Co seu crecemento rápido e resistencia, tamén se emprega para restaurar ribeiras e fixar solos, converténdoa nunha aliada natural contra a erosión.

Información botánica da planta
Procedencia
A Salix viminalis é orixinaria de Europa e Asia. En Galicia, é unha especie autóctona que medra de forma natural nas ribeiras dos ríos e en zonas húmidas. Foi utilizada desde hai séculos para a fabricación de cestos, mobiliario e outros obxectos trenzados debido á flexibilidade das súas pólas.
Descrición xeral
A Salix viminalis é un arbusto ou pequena árbore que pode alcanzar entre 3 e 6 metros de altura. Ten un crecemento rápido e numerosas pólas delgadas e flexibles.
Tronco ou talo
O tronco é delgado e pouco ramificado, cunha cortiza lisa de cor marrón agrisada. A medida que a planta envellece, a cortiza pode presentar pequenas gretas.
Folla
As follas son longas e estreitas, cunha forma lanceolada (que ten forma de punta de lanza). Miden entre 10 e 20 cm de longo e teñen un ton verde brillante pola parte superior, mentres que a parte inferior é máis pálida e ten unha textura sedosa. Son follas caducas, polo que caen no outono.
Flor
As flores aparecen en primavera e agrúpanse en amentos alongados. Son pequenas e de cor amarela ou esbrancuxada. As flores masculinas e femininas atópanse en árbores distintos, xa que a especie é dioica.
Froito
O froito consiste en pequenas cápsulas alongadas que conteñen sementes con pelos algodonosos. Maduran a finais da primavera ou comezos do verán e son dispersadas polo vento.

Información histórica sobre as plantas
Usos medicinais
A Salix viminalis ten propiedades medicinais grazas á presenza de salicina na súa casca, un composto que o corpo converte en ácido salicílico, precursor da aspirina. Historicamente, utilizouse en infusións para aliviar dores de cabeza, febre e inflamacións. Tamén foi empregada para tratar reumatismo e afeccións articulares.
Usos alimentarios
Non atopei información sobre usos alimentarios da Salix viminalis.
Usos funcionais
A principal utilidade da Salix viminalis é a fabricación de obxectos trenzados, como cestos, valados e mobles lixeiros, debido á flexibilidade das súas pólas. Ademais, utilizouse en construcións tradicionais, como reforzo de muros e teitos. Outro uso relevante é na restauración de ribeiras e solos erosionados, xa que as súas raíces axudan a estabilizar o terreo. Tamén se investiga o seu uso como biomasa para producir enerxía.
Usos lúdicos
As varas de vimbio empregáronse tradicionalmente na fabricación de xoguetes sinxelos, como arcos e pequenos obxectos trenzados para nenos.
Usos rituais
Non atopei información sobre usos rituais da Salix viminalis .
Lendas, refráns e mitos
Existen referencias populares ao vimbio en diversas culturas europeas, sobre todo en relación coa súa flexibilidade e resistencia. Algúns refráns comparan a capacidade de adaptación das persoas coa do vimbio, que se dobra pero non se rompe.
Historia da planta
Non atopei información histórica da Salix viminalis .

Fontes secundarias empregadas
Wikipedia : Salix viminalis. https://es.wikipedia.org/wiki/Salix_viminalis, Acceso o día 7/02/2025.

Botánica Galega : Características e usos da Salix viminalis. www.botanicagalega.org, Acceso o día 7/02/2025.

Asociación para a Conservación do Medio Ambiente Fluvial : Plantas ribereñas: O papel de Salix viminalis na protección de ribeiras. www.acmf.org, Acceso o día 7/02/2025.

ILG : Amento. https://ilg.usc.es/indices/?m=2003&f=1&o=1, Acceso o día 7/02/2025.

Academia Galega: Amento. https://academia.gal/dicionario/-/termo/amento, Acceso o día 7/02/2025.

ÁrbolApp: Salix viminalis. https://www.arbolapp.es/especies/ficha/salix-viminalis/, Acceso o día 7/02/2025.

Sierra de Baza: Mimbrera. https://sierradebaza.org/fichas-tecnicas/fichas-flora-plantas/flora-j-a-n/mimbrera-salix-fragilis, Acceso o día 7/02/2025.

Fontes Orais: Miña tía Alexandra e miña avoa Elvira.


Nome científico da planta

Cercis siliquastrum

 

Olalla Redondo López · 30 enero 2021 11:24


Familia da planta
Fabáceas

Nome común da planta
Árbore do amor, árbore de Xudas, ciclamor

Fotografías da planta

Fotografías da planta

Fotografías da planta

Fotografías da planta

Fotografías da planta

Fotografías da planta

Fotografías da planta

Fotografías da planta

Localización no mapa
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Cercis siliquastrum 42,867234343 -8,659187862

Información histórica sobre as plantas
Usos medicinais
O foito usouse no pasado para a medicina popular como adstrinxente (deshidratación da pel e ación antiinflamatoria) e a codia como remedio á dor de cabeza e ao catarro.
Usos alimentarios
As flores teñen un gusto picante e poden comerse en ensaladas. Nalgunhas zonas os brotes florais escabechábanse con vinagre.
Usos funcionais
A madeira desta árbore non se usa para fabricar mobles porque é moi fráxil e débil. O ámbito para o que máis se usa esta planta é para o ornamental. Colócase en paseos e xardíns tanto de forma individual como en grupos. Isto faise sobre todo polo gran colorido das súas flores e pola agradable sombra que proporcionan. Tamén é útil para formar sebes de moita altura.
Usos lúdicos
Non atopei información.
Usos rituais
Non atopei información.
Lendas, refráns e mitos
Hai un mito que di que nun exemplar desta árbore foi onde se suicidou Xudas Iscariote despois de traizoar a Xesús vendéndoo ás autoridades por trinta moedas. Aínda que a planta podía co peso de Xudas, non quixo que este se suicidara e comezou a torcer o tronco para que o seu corpo chegara até o chan. Non conseguiu salvalo pero si logrou que non fora ao inferno. Dise que agora esta árbore medra encorvada, pois segue querendo salvar a Xudas da morte. Outra versión desta historia di que o suicidio de Xudas nesta árbore foi o que transformou a cor branca das flores nun rosa intenso polo sangue. Crese que o nome de árbore de Xudas é unha mala tradución do nome en francés "arbre de Judée" ou árbore de Xudea, o lugar onde se atopaba maioritariamente esta árbore.
Historia da planta
Esta árbore chegou por primeira vez a Francia durante a época das cruzadas arredor do ano 1200 e dende alí estendeuse moi rápido polo resto de Europa. Aparece indicado en moitos herbarios dos séculos XVI e XVII polo que supoñemos que era moi popular e común neste período. Durante o dominio do Imperio Bizantino, era unha das árbores que máis se daban en terras de Constantinopla e do estreito do Bósforo. Os emperadores usaban a cor morada desta árbore para os vestidos e complementos, sendo os únicos que a podían lucir. Hoxe en día, o Cercis siliquastrum é a árbore propia da cidade de Istambul e segue a haber exemplares en abundancia.

Fontes secundarias empregadas
https://www.joseeljardinero.com/arbol-del-amor-cercis-siliquastrum-flores/
28 de xaneiro Jose el jardinero

https://es.wikipedia.org/wiki/Cercis_siliquastrum
30 de xaneiro Wikipedia La Enciclopedia Libre (en castelán)

https://www.arbolesornamentales.es/cercissiliquastrum.htm
30 de xaneiro Árboles ornamentales

https://todoarboles.com/cercis-siliquastrum/
30 de xaneiro Todo árboles

http://www.botanicayjardines.com/cercis-siliquastrum/
15 de febreiro Botánica y jardines

http://herbariovirtualbanyeres.blogspot.com/2010/04/arbol.html
15 de febreiro Herbario virtual de Banyeres de Mariola y Alicante

https://guiadejardin.com/cercis-siliquastrum-el-arbol-del-amor/
15 de febrero Guía de Jardín

https://valledeelo.wordpress.com/tag/las-leyendas/
15 de febreiro El valle de Elo

https://en.wikipedia.org/wiki/Cercis_siliquastrum
16 de febreiro Wikipedia La Enciclopedia Libre (en inglés)

https://fichas.infojardin.com/arboles/cercis-siliquastrum-arbol-amor-judas-judea.htm
16 de febrero InfoJardín


Nome científico da planta

Ulex europaeus

 

Daniel Devesa Salgado · 2 febrero 2021 16:20


Familia da planta
Leguminosas

Nome común da planta
Toxo, retamo espinoso

Fotografías da planta

Fotografías da planta

Localización no mapa
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Toxo Lugar onde se encontran algúns toxos. Hai máis, pero este é un bo exemplo. 42,867194398 -8,658980364

Información histórica sobre as plantas
Usos medicinais
En medicina tradicional úsanse as flores como infusión para tratar problemas hepáticos.
Usos alimentarios
As súas flores se usan como adornos naturais de postres ou otras comidas especiais.
Utilízase moito para a producción de mel debido a que aporta bastante polen ás abellas.
Usos funcionais
O tronco serve moi ben como leña ou para a producción de carbón.
Nalgunas rexións do mundo cultívase o toxo para forraxe.
Por outro lado, por ser una fabácea, serve como abono verde polo aporte de nitrógeno ao solo.
Usos lúdicos
Non atopei información.
Usos rituais
Non atopei información..
Lendas, refráns e mitos
Non atopei información.
Historia da planta
Son todas as anteriores.

Fontes secundarias empregadas
https://www.asturnatura.com/especie/ulex-europaeus.html Acceso o día19/2/2021
https://es.wikipedia.org/wiki/Ulex_europaeus Acceso o día 20/2/2021 e 21/2/2021
https://www.lifeder.com/tojo/#:~:text=%20Caracter%C3%ADsticas%20%201%20Planta.%20El%20tojo%20es,El%20c%C3%A1liz%20mide%20de%2011%20a...%20More Acceso o día 21/2/2021


Nome científico da planta

Alnus glutinosa

 

Marta Quevedo · 7 febrero 2025 11:10


Familia da planta
Batuláceas

Nome común da planta
Ameneiro

Información destacada
Trátase dunha árbore que se atopa nas zonas húmidas, habitualmente nas beiras dos ríos e nas zonas pantanosas. Ademais, evita a erosión e protexe as marxes dos ríos. En relación tamén a súa localización, cando os atopamos indica que a auga deses ecosistemas teñen unha gran calidade. Por outra banda tivo unha gran importancia na antigüedade por tódalas aplicacións que se fixeron, tanto a nivel curativo, no lecer, na construción e incluso na mitoloxía, que se pensaba que tiña poderes máxicos. De feito, chegouse a utilizar para poderse comunicar co máis alá. Esta árbore ten unha gran variedade de características na que hai que destacar o pegañento das súas ramillas que ademáis é o que aporta parte do nome científico.

Información botánica da planta
Procedencia
O ameneiro é unha planta nativa en Eurasia, isto quere dicir que é orixinaria de parte de Europa, Siberia e Norte de África sendo autóctona en case toda España. A día de hoxe é abundante en Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco grazas ao clima húmido, favorecendo así ao seu crecemento.
Descrición xeral
Trátase dunha árbore que chega entre os 20-30 metros de altura. É caducifolia con follas de 6 a 12 cm. A súa copa é cónica, como as coníferas. Teñen unha gran cantidade de ramas pero estas non son moi voluminosas, xa que as follas de pequeno tamaño non producen unha sensación de copa espesa. A árbore non soe vivir máis de 100 anos e o seu crecemento é moi rápido porque atopa unha cantidade de humidade suficiente nas zonas das ribeiras dos ríos.
Tronco ou talo
Ten un tronco recto de corteza de cor oscura tirando a un pardo-gris, anda que os máis novos son tirando a vermello. O tronco agriétasela ao madurar, e de este saen ramas máis delgadas e finas das que brotan as follas. A madeira aprovéitase para o carbón porque non é moi dura, co cal é doado traballala. Ademais, é resistente á auga.
Folla
A folla da planta mide entre 6 e 12 cm. Estas son ovaladas e a parte superior é redondeada. O borde das follas é algo irregular e coa marxe algo dentada. As propias follas conteñen finos pecíolos. Os tallos son de cor gris tirando a violeta e as máis novas son pegañentas, de aí o nome de glutinosa.
Flor
A flor do ameneiro é unisexual e se presentan en amentos. Os amentos masculinos son colgantes de cor amarela-marrón e aparecen en inverno e a principios da primavera, antes de que broten as follas, co cal a floración é temprana.
Os femininos son algo máis curtos, de cor verde e agrúpanse en pequenos acios. Trala polinización convértense en froito.
Froito
O froito do ameneiro é un cono pequeno leñoso de cor marrón escura con forma de piña. Contén no interior numerosas semillas que se dispersan polo vento e pola agua. Os froitos permanecen na árbore durante o inverno co cal facilita a identificación da especie.

Información histórica sobre as plantas
Usos medicinais
Nos usos medicináis o ameneiro destaca polo uso da súa corteza cocida para reducir e cortar as descomposicións fecais. Por otra banda, tamén se utilizou para enxuagues, endurecer as encías, afianzar os dentes e cortar as anxinas. No caso das follas frescas, debido ao seu carácter analxésico utilizábase poñéndoas encima das heridas.
Usos alimentarios
Non se recomenda comer as follas debido a que poden provocar vómitos.
Usos funcionais
No ámbito ecolóxico, utilízanse as raíces para aumentar a fertilidade do chan porque conteñen bacterias que enriquecen o chan con nitróxeno.
Con respecto á carpintería a madeira é moi resistente á auga, por este motivo antigamente construíanse pontes e estructuras sumerxidas (como en Venecia) de madeira de ameneiro. Por otra banda pódense realizar mobles, instrumentos músicas e obxectos torneados.
En tercero lugar, úsase para a produción de carbón vexetal e como combustible nalgunhas rexións do norte da Península, pero non é útil para a cociña pola súa rápida consumición.
Usos lúdicos
A madeira pode utilizarse para construir xoguetes: por unha banda para realizar pequenos xoguetes e pola outra porque as ramas ao ser tan flexíbeis poden usarse en xogos como o lanzamento de varas ou a fabricación de arcos e frechas.
Usos rituais
Na mitoloxía celta o ameneiro estaba relacionado co mundo dos espíritus e os deuses da auga porque crían que os bosques eran portais entre o mundo dos vivos e dos mortos. Por este motivo utilizábanse en rituais para conectar co máis alá. Por outra banda, as follas eran usadas para purificar e protexerse porque se cría que tiña propiedades máxicas.
Lendas, refráns e mitos
Segundo as lendas é unha das árbores usadas para gardar tesouros e tamén é a árbore para fabricar as máscaras do Entroido ourensán.
Algúns ditos da árbore son:
- O amieiro, se non fora por verghonza, xa ardía no lameiro; referíndose ao frouxa que é a súa madeira.
- Leña de abeneiro arde no regueiro
Historia da planta
A relación do ameneiro cun persóname histórico dáse co heroe irlandés Bran o Bendito, porque tiña un escudo feito coa madeira desta árbore.

Fontes secundarias empregadas
https://gl.wikipedia.org/wiki/Amieiro
https://es.wikipedia.org/wiki/Alnus_glutinosa#cite_note-5
https://www.arbolesornamentales.es/Alnusglutinosa.htm
https://www.arbolapp.es/especies/ficha/alnus-glutinosa/
https://www.vdberk.es/arboles/alnus-glutinosa/
https://educativo.ign.es/atlas-didactico/recursos/ALISO_FICHA.pdfhttps://sierradebaza.org/fichas-tecnicas/fichas-flora-plantas/flora-a-b/alnus-glutinosa
https://viforsa.es/planta-forestal/alnus-glutinosa-ameneiro/
https://www.conecte.es/index.php/es/plantas/105-alnus-glutinosa/usos-tradicionales
https://www.guiadearbolado.com.ar/omero-aliso-arbol/
https://sabiduria.es/espacios-de-curacion-76/

Tódalas fontes foron consultadas o 07/02/2025.


Nome científico da planta

Salix atrocinerea

 

Antía Calvo Mirás · 7 febrero 2025 15:37


Familia da planta
Salicáceas

Nome común da planta
Salgueiro bravo, Salgueiro negro, Salgueira.

Información destacada
Especie de arbusto da familia das salicáceas, moi abundante en Galicia nas zonas húmidas e con solos pobres.
É de folla caduca , florece entre xaneiro e abril, o seu froito é unha cápsula que se abre en dúas valvas, con sementes cubertas de pelos blanquecinos que se diseminan é a través do vento.
Posúe múltiples propiedades terapeúticas.

Información botánica da planta
Procedencia
A súa distribución europea é especialmente atlántica e acada no norte as Illas Británicas. Moi frecuente en Galicia, de feito, das oito especies de salgueiros, é o bravo a máis común. Atópase en toda a Península Ibérica.Polo tanto,é unha árbore autóctona de Galicia e unha das especies principais das ribeiras, bouzas e brañas. Coloniza rapidamente os solos pobres, coma os noiros das autoestradas, especialmente na zona sur de Galicia, substituíndoo no norte o bidueiro.
Descrición xeral
O Salgueiro bravo é unha arboriña ou arbusto do xénero Salix (salgueiros), da familia das salicáceas moi común nos terreos húmidos e solos pobres de toda Galicia.

Tronco ou talo
Arbusto ou arboriña de até 12 metros, coas pólas dereitas e alongadas; as máis novas, pilosas; as de máis dun ano, con tendencia a ficar sen pelo e lustrosas; casca de cor acastañada cincenta ou castaña escura, e madeira –ao se desprender a casca- con costelas lonxitudinais saíntes.
Folla
As follas son caducas, enteiras ou con dentes grosos e pouco marcados, rugosas, cos nervios prominentes, de xeito ovado ou lanceolado, porén algo máis anchas na parte apical; ao nacer son aveludadas e moi pilosas polas dúas bandas, pero pola face superior tenden a perder o pelo tornando a cor verde escura; a parte inferior de cor cincenta, a miúdo con pelos ferruxinosos. Os pecíolos son duns 5 – 15 mm, canaliculados pola parte superior.
Flor
As flores nacen de xeito temperá na primavera (dende xaneiro ata marzo ou abril) e dispóñense en candeas moi peludas que nacen antes que as follas; os masculinos son ovados ou ovadoblongos, case sentados, con brácteas foliáceas na base; as brácteas do amento son de base pálida e terminación castaña escura, moi pilosas, cada unha con dous longos estames na súa axila e un nectario alongado; os amentos femininos son cilíndricos, con brácteas semellantes, cada unha cun nectario e mais un pistilo ovado-cónico densamente piloso e con pedicelo claramente máis longo que o nectario, rematado nun estilo curto con 4 lóbulos estigmáticos.
Froito
O froito é unha cápsula tomentosa que se abre en dúas valvas, con sementes cubertas de pelos abrancazados.A diseminación das sementes é anemócora, é dicir, grazas ao vento, e prodúcese de marzo a abril.

Información histórica sobre as plantas
Usos medicinais
As propiedades medicinais e terapéuticas do salgueiro foran xa descubertas por Hipócrates (século IV a.C.) para tratar as febres e as dores de cabeza, e que fixo que un dos primeiros traballos científicos sobre as propiedades medicinais dunha árbore, fora realizado en 1763 sobre a casca do salgueiro.

Así, a casca emprégase coma febrífugo, para tratar o reumatismo, a artrite, estados inflamatorios de estados autoinmunitarios, a gota, a disentería, a diarrea, as neuralxias e as dores de cabeza. As follas úsanse tamén coma febrífugo, e serven para tratar cólicos.
Usos alimentarios
Non atopei información.
Usos funcionais
Ao ser un salgueiro moi común na Península, os seus usos están máis extendidos. Utilízase en cestería (non como o mimbre, que son varas ou ramas finas e moi longas que se entretexen) polas tiras que se fan da súa madeira, que por ser blanda e fácil de traballar é tamén apta para pequenas pezas talladas o torneadas como cuencos, xerras, vasos, cubertos, etc. También se usaron as súas ramas para detectar o nivel freático ( saber si había auga no subsolo) ao modo dos zahoríes, oficio que no noroeste peninsular correspondía ao denominado poceiro.
Usos lúdicos
Coas pólas facían chifres, cuns paus e unhas gallas facían muíños, tacos e troques, andacamiños, boliches, paus da billarda, zancos, trompos e buxainas...
Usos rituais
O mesmo que ocorre con outras árbores coma o carballo, ao salgueiro bravo e a outras especies do xénero Salix atribuíronselle dende a antigüidade moitas virtudes máxicas e feiticeiras. Proba disto é que a palabra inglesa witch (bruxa, meiga) deriva do nome inglés que designa xenericamente aos salgueiros: willow. Era so os salgueiros onde as meigas levaban a cabo os seus feitizos.
Lendas, refráns e mitos
Lenda: Pódese pasar pola verruga, facendo cruces, o coitelo de San Adrián; coitelo de salgueiro que tocou o manto da imaxe do San Adrián que hai no santuario de Goiriz, Vilalba (Lugo) para que pasen as verrugase cúranse as doenzas.
Mito: Para quitar as verrugas cóllese unha variña de salgueiro ben feita,que atraia a tención de outra persoa. Refrégase a verruga con ela ao tempo que dis "Verruguiñas teño,verruguiñas vendo,deixoas quedar e voume correndo" tiras a vara e vaste do lugar correndo. Din que cando esa variña sexa collida por outra persoa collerá as verrugas que tiñas tí, e a ti desapareceranche.
Refrán: "O salgueiro abrochou, a primavera entrou."
Historia da planta
A planta ten relación con Fernando José Salgueiro Maia (Castelo de Vide, 1 de xullo de 1944 - Santarém, 4 de abril de 1992) foi un militar portugués, e un dos capitáns do exército que lideraron as forzas militares durante a Revolución dos Claveles que determinou o final da dictadura salazarista.

Fontes secundarias empregadas
Revisadas todas elas o venres 7 de febreiro de 2025:
https://es.wikipedia.org/wiki/Salix_atrocinerea
https://www.arbolapp.es/especies/ficha/salix-atrocinerea/
https://culturagalega.gal/imaxes/docs/extracto_xogos_populares.pdf
https://museodonaurelio.wordpress.com/category/xogos-populares/
https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=7&id=982
https://sites.google.com/view/refraneiro/agricultura/%C3%A1rbores
https://es.wikipedia.org/wiki/Fernando_Jos%C3%A9_Salgueiro_Maia



Nome científico da planta

O nome científico do carballo americano é Quercus rubra.

 

Roi Dorrego Núñez · 7 febrero 2025 15:43


Familia da planta
O carballo americano pertence á familia Fagáceas.

Nome común da planta
O nome común é Carballo americano.

Información destacada
O carballo americano, tamén coñecido como Quercus rubra, é unha árbore moi lonxeva que ten a súa orixe en América do Norte. Porén, hoxe en día, tamén podemos atopala en Galicia. Aínda que non sexa orixinaria da nosa terra, é unha árbore ornamental polo que non é invasora (a diferenza, por exemplo, do eucalipto) nin provoca efectos negativos sobre as especies autóctonas. Trátase dunha árbore caducifolia con follas vermellas que adoitan florecer entre marzo e abril. O seu froito son as landras, que serven, entre outros, para alimentar a algúns animais como aos porcos. Finalmente, débese resaltar que o carballo americano ten múltiples usos, como servir de base para a construción de mobles pola súa forte madeira ou para crear xoguetes infantís.

Información botánica da planta
Procedencia
O carballo americano é unha árbore caducifolia orixinaria de América do Norte. Foi introducida hai máis de sesenta anos como unha árbore ornamental e económica polo seu rápido crecemento.
Descrición xeral
Trátase dunha árbore caducifolia que pode acadar os 28 metros, e excepcionalmente os 43 m de altura. A copa é inicialmente coniforme, volvéndose redonda cos anos. As súas pólas son rectas. É menos lonxevo que os carballos autóctonos, pero pode chegar aos 500 anos. Esta árbore prefire os solos ácidos, húmidos e arxilosos.
Tronco ou talo
O tronco é robusto e recto, cunha codia que cambia de aspecto a medida que a árbore envelleza. Pode acadar ata un metro de diámetro.
Folla
As follas son caedizas, de cor verde escura por riba e un pouco máis clara por debaixo. As follas son variables en canto ao seu tamaño. Adoitan ter lóbulos redondeados. Ademais, son alternas cunha base redonda, cun bordo sinuoso e con dentes con arestas (a diferenza dos carballos galegos), aguzados e irregulares. O carballo americano ten follas caducas.
Flor
As flores brotan ao mesmo tempo que as follas durante marzo e abril; é dicir, na primavera. As flores masculinas están separadas das femininas. As follas masculinas teñen ata dez centímetros de lonxitude e as femininas agrúpanse por dúas ou tres unidades.
Froito
O froito é unha landra ovada e achatadas, de até 2,5 centímetros de longo, soas ou de dúas en dúas. cúpula (cascabullo) plana que rodea pouco menos da terceira parte da landra de cor parda avermellada. No primeiro ano, o froito soamente ten o tamaño dun chícharo e madura no outono do segundo ano (aos 18 meses da polinización). Como os demais carballos, non frutifica até idades algo avanzadas (uns 30 anos). A landra é moi acre.

Información histórica sobre as plantas
Usos medicinais
As landras, froito do carballo americano, en ocasións e nalgunhas culturas, son empregadas para realizar infusións con propiedades astrinxentes.
Usos alimentarios
O froito deste carballo son as landras. Estas empréganse como alimento para os animais como porcos e aves. Ademais, estas landras teñen un sabor amargo e para poder comelas hai que lavar e remollar en auga varias veces, eliminando así os seus taninos. Despois de lavalas, as landras úsanse para facer fariña de landra e café de landra.
Usos funcionais
Son múltiples os usos funcionais do carballo americano. Principalmente, destaca o seu uso da madeira na construción e carpintería coa fabricación de mobles, solos e portas. Tamén se emprega para facer chapas e para a reforestación, así como como cortaventos. A súa madeira tamén axuda a crear instrumentos caseiros.
Usos lúdicos
O tronco dos carballos americanos son fortes e resistentes polo que é empregado para facer columpios e estruturas para trepar, que adoitan poñerse nos parques infantís. Ademais, esta árbore tamén se utiliza para construír nel cabanas infantís. O seu froito (landras) poden usarse como obxectos de recolección para facer xogos de carreiras de lanzamentos ou manualidades. As súas follas vermellas tamén son empregadas para facer adornos.
Usos rituais
Entre os usos rituais destacan os baños rituais para a purificación con extractos da codia do carballo. Tamén, coa súa savia, prepáranse cremas para liberarse das malas enerxías.
Lendas, refráns e mitos
Atopei dous refráns sobre os carballos, aínda que non se especifica que sexa do carballo americano. Estes son:
- Carballo en terra todos á leña
- En maio aínda a vella queima o tallo, aínda que sexa de carballo
Historia da planta
Non atopei información.

Fontes secundarias empregadas
Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. https://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/los-400-refranes-recogidos-en-la-aldea-de-fonfria-lugo/html/, Acceso o día 7/2/25.

Carballo americano: https://gl.wikipedia.org/wiki/Carballo_americano, Acceso o día 7/2/25.

Fontes audiovisuais: 12 cosas que no sabías sobre Quercus rubra: https://www.youtube.com/watch?v=ksmaKN34CSE. Acceso o día 7/2/25.

Fontes orais: conversa cunha bióloga sobre esta especie arbórea o 7/2/25.

Ministerio de agricultura, pesca e alimentación: https://www.mapa.gob.es/es/desarrollo-rural/temas/caminos-naturales/caminos-naturales/detalle_punto_interes.aspx?tcm=tcm:30-550069&id_camino=020203&topologia=Vegetaci%C3%B3n&origen=Destacados, Acceso o día 7/2/25.

Quercus rubra: Carballo americano: https://gl.wikipedia.org/wiki/Carballo_americano, Acceso o día 7/2/25, Acceso o día 7/2/25.


Nome científico da planta

Citrus X sinensis

 

Martín Fernández Montañes · 30 enero 2021 11:49


Familia da planta
Rutaceaes.

Nome común da planta
A laranxeira

Fotografías da planta

Fotografías da planta

Fotografías da planta

Fotografías da planta

Fotografías da planta

Localización no mapa
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Laranxeira árbore da que sae a laranxa, e coas súas follas lisas e verdosas. 42,867515820 -8,658375754

Información histórica sobre as plantas
Usos medicinais
A súa flor en xeral, os seus efectos calmantes axudan a eliminar as molestias causadas polos nervios. A auga de flor de laranxa (unha infusión de pétalos de flor de laranxa seca) úsase como remedio tradicional contra os desmaios. Tamén se serve durante séculos como remedio caseiro para o malestar menstrual.
Usos alimentarios
A laranxa sirve como alimento e bebida rica en vitamina C,potasio,magnesio e o ácido fólico.
Usos funcionais
Non atopei información.
Usos lúdicos
Non atopei información.
Usos rituais
Non atopei información.
Lendas, refráns e mitos
Non atopei información.
Historia da planta
Durante miles de anos, no sur de China levouse a cabo o cultivo do laranxeiro e posteriormente expandiuse por todo o sueste asiático. A Ruta da Seda foi a causa da propagación do laranxeiro por todo o Oriente. Foron os árabes os que polo sur de España introduciron a laranxa en toda Europa. Dise que este cítrico foi cultivado por pobos primitivos desde tempos remotos e a aparición do froito e as súas flores cativou aos viaxeiros que os levaron a outras rexións. A laranxa, no noso país, empregouse nun primeiro momento con fins decorativos debido ao seu sabor amargo, pero posteriormente obtivéronse variedades máis doces que os árabes chamaron naranche, que se deriva de arangus, que así o chamaron os persas.

Fontes secundarias empregadas
https://www.consumer.es/ 20/02/2021 ,https://arbolesfrutales.org/ 22/02/2021
https://www.naranjasche.com/ 22/02/2021